#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

NELSON QUINTEIRO PRODUCIÓNS: ALDEA MUSICAL DE NADAL

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : NELSON QUINTEIRO ROA

  • Datos de contacto : 647 647 404 - nelson.quinteiro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.nelsonquinteiro.com/nadal-2023-2024

  • Sinopsis da compañia :

    Somos unha compañía artística multidisciplinar especializada na creación de experiencias temáticas a través da danza, a música, o teatro de rúa e a animación sabendo conxugar sempre os mellores perfiles coas mellores ideas creativas. Somos especialistas en cabaré, teatro de rúa e contidos para todo o ciclo festivo do ano, creando propostas para todos os públicos. Creamos escenas evocadoras, que abordan directamente os imaxinarios colectivos. Experiencias emocionantes que nos fagan vibrar, participar, e celebrar a vida e a ledicia de vivir. Espectáculos propios e todo o que necesites A MEDIDA do que precises transmitir, comunicar. Somos responsables da programación, produción e comunicación de propostas tan singulares coma o Ciclo "Cabaré Cabaré" do Excmo Concello de Pontevedra (2021) Festival Galego de Cabaré (12 edicións dende o 2006 ao 2021), Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Piñeiro (Pontevedra) 2017, 2018, 2019, 2021 e 2022 "Pequeno Circo de Nadal" (Rianxo 2016, 2017, 2018 e Salceda de Caselas 2019, 2020 e 2021, 2022, 2023), "Parranda & Trucks" (Portonovo 2017 e 2018), "Pequeno Circo de Entroido" (A Coruña 2017 e 2018),"Tarde dos Pepes e das Pepitas" (Marín 2019), entre moitos outros. Creamos espectáculos propios e todo o que necesites A MEDIDA do que queiras COMUNICAR.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Aldea Musical de Nadal Compañía Nelson Quinteiro Montaxe musical con percusión corporal, percusión con elementos pouco convencionais, axóuxeres, campás, campaniñas, campanas afinadas e un feixe de instrumentos. Os habitantes da Aldea Musical de Nadal contarán como é a súa vida nun lugar máxico e sorprendente onde sempre é Nadal. O arranxo polifónico das voces, a instrumentación, a súa caracterización, e o emprego dunha fórmula de creación do espectáculo baseada na musicoterapia educativa leva a escena unha montaxe do máis entrañable e tenra para as datas de Nadal.

  • Caché con IVE : 2640.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2640.0 €

  • Técnica