#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Raquel Queizás: Cinema Marabillas

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar, a partir de 5 anos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 600 670 740 - info@raquelqueizas.com

  • Páxina web do grupo : https://www.raquelqueizas.com/cinema-marabillas/

  • Sinopsis da compañia :

    Son actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias. O meu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias. Nos meus espectáculos o público é un elemento fundamental, grandes e cativos entran a formar parte da historia. Nas miñas montaxes a participación activa e o humor son pezas clave. Quizais fose polos contos que me contaba a miña avoa (porque a memoria dos antepasados non só é vida, senón sabiduría pura), quizais porque a nena que levo dentro segue soñando con ese mundo de fantasía, fose como fose, os contos forman parte da miña vida persoal e profesional dende fai vinte anos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver ás crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le. Alicia no pais das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Polgariño, as protagonistas destas historias son nenas e nenos que teñen preocupacións e reflexionan sobre o mundo no que viven. Son fortes, sensatas e pensan por si mesmas. Reflexan as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico, e a súa capacidade reflexiva sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero, o respecto polo diferente… Estas historias nacen dentro de nós cando somos crianzas. A unha nena, a un neno gústalle vivir aventuras, explorar diferentes lugares, xogar a ser piratas… Benvidas, benvidos ao “Cinema Marabillas”.

  • Caché con IVE : 605.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 847.0 €

  • Técnica