#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Educateatro Producións: Os tres porquiños

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: A partir de 2 anos (familiar)

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Educateatro Producións

  • Datos de contacto : 679 559 401 - xandre.vazquez@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://educateatro.com/espectaculos/os-tres-porquinos/

  • Sinopsis da compañia :

    EducaTeatro Producións® é unha empresa cultural dedicada á produción, distribución e promoción de espectáculos infantís e familiares. A música, a lingua e a diversión son os piares fundamentais dos nosos traballos, cos que pretendemos fomentar a educación en valores e contribuír a unha aprendizaxe signicativa. Na actualidade contamos con tres obras de produción propia en cartel: Os tres porquiños, unha obra musical con bonecos a tamaño real; Carapuchiña Vermella, o musical e O mundo máxico de Pinocho, coas que despregamos máis de 250 funcións, sumando máis de 100.000 espectadores.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

  • Caché con IVE : 3000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3600.0 €

  • Técnica