#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

SU.MA: IKIGAI

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : SUSANA MORENO DEL SALVADOR

  • Datos de contacto : 622 434 488 - info@culturactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/ikigai

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía SU.MA nace en 2019, froito da asociación de Sue Moreno (trapecista e actriz) e Maria Move (música e bailarina). Centran o seu traballo na fusión multidisciplinar das súas calidades, capacidades e dons entre os que se atopan: a danza, a acrobacia aérea, o teatro físico, o clown, a música orixinal e a voz cantada. Técnicas ás que adican a súa carreira artística profesional desde 2001, en solitario. Desta investigación particular e orixinal, nace IKIGAI, o seu primeiro espectáculo. IKIGAI é estreado o 27 de xuño de 2020 no Festival PRIMA de Santiago de Compostela gañando o premio do público no Festaclown de Vilagarcía de Arousa. O seu segundo espectáculo, GLAMPING, estreouse en 2023.

  • Sinopsis do espectaculo:

    *Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co público. Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que te impulsa a seguir? a erguerte cada dia como se fose novo? Que fai que esperte o teu sorriso? Cal é o teu Ikigai? Espectáculo de rúa adaptable a interior*

  • Caché con IVE : 1936.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1936.0 €

  • Técnica