#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Xarope Tulú: A teteira de Kabul

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil a partir de 5 anos

  • Duración do espectaculo: 50 min.

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/A%20teteira%20de%20Kabul/

  • Sinopsis da compañia :

    Xarope Tulú é unha compañía de teatro fundada no ano 2015 por Atenea García e Nicolás Zamorano e adicada ás artes escénicas para cativos e cativas. Estrean a súa primeira peza A miña primeira viaxe na Coruña, en febreiro de 2015. Este proxecto ten como principal obxectivo achegar o teatro ás crianzas. Este colectivo considera que a experiencia escénica permite medrar dun xeito libre e creativo, favorece o descubrimento doutros mundos posibles e provoca a creación dun espazo para a reflexión. As artes escénicas son, en definitiva, unha marabillosa escola para a vida. Á hora da creación e composición dos seus espectáculos a compañía tenta achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: o teatro de obxectos, a música, a interpretación teatral e a narración oral entre outras, procurando non aferrarse a un único estilo interpretativo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira. Esta nova proposta de Xarope Tulú, en coprodución coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz, está baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas e fala das vivencias das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar. A súa protagonista está inspirado na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A poética dos monicreques permite viaxar a outros lugares e contar a historia desde unha perspectiva construtiva e alentadora. A peza foi finalista a mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024.

  • Caché con IVE : 1400.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1900.0 €

  • Técnica