#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A Xanela do Maxín: Lúa quere viaxar a... Marte!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: a partir dos 3 anos

  • Duración do espectaculo: 40 minutos

  • Persoa representante : A Xanela do Maxín

  • Datos de contacto : 635 364 587 - info@axaneladomaxin.com

  • Páxina web do grupo : https://axaneladomaxin.com/espectaculos/lua-quere-viaxar-a-marte/

  • Sinopsis da compañia :

    A Xanela do Maxín é unha compañía profesional de teatro de obxectos, monicreques e formas animadas que comeza a súa andadura no ano 2007 e na actualidade conta xa con máis 30 espectáculos producidos. Participamos así mesmo, dos seguintes circuítos: Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Rede Cultural da Deputación da Coruña, Rede de Auditorios da Deputación de Ourense, Ler Conta Moito, Circuíto de CiudaDistrito (Madrid), entre outros No 2020 produciu e realizamos o audiovisual “Os Toupiconsellos” para o Fondo de Proxectos Culturais da Xunta e no 2021,“Toupiciencia”. No 2018 publicase a obra “Ula Lúa?”, no 2019 "O Apalpador e a Nena sen medo" e “Pasando a Bóla”, no 2020 “A Viaxe de Saira” e no 2022 “O libro da Toupiciencia” e "Lúa quere viaxar a... Marte!", co selo Guindastre Edicións, con arredor de 5.000 exemplares vendidos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora Lúa quere viaxar a Marte! Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte. . Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

  • Caché con IVE : 350.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 350.0 €

  • Técnica