#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CirKompacto: Mal de tontos (consolo de moitos)

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar / Adolescente

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Culturactiva

  • Datos de contacto : 619 676 370 - cirkompacto@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://cirkompacto.es/gl/

  • Sinopsis da compañia :

    CIRKOMPACTO SOMOS UNHA COMPAÑÍA GALEGA DE ARTES ESCÉNICAS, COMPOSTA POLA UNIÓN CREATIVA DE MALALA RICOY E IVÁN CASANOVA, QUE DESENVOLVEMOS OS NOSOS PROPIOS ESPECTÁCULOS DE CIRCO CONTEMPORÁNEO (TAMÉN CHAMADO NOVO CIRCO). ESTAMOS FINCADOS NA CORUÑA E FUNDÁMOLA ALÁ POLO ANO 2018. IVÁN CASANOVA CHEGA ÁS ARTES ESCÉNICAS DESPOIS DE MÁS DUNHA DÉCADA TRABALLANDO EN SERVIZOS SOCIAIS COAS CONTORNAS MÁIS DESFAVORECIDOS. PRACTICANTE DE ARTES MARCIAIS E BOXEO DESDE MOZO, COMEZA A SÚA ANDAINA TEATRAL COA COMPAIA AMATEUR O ALFAIATE, E CANDO COÑECE AS POSIBILIDADES E FILOSOFÍA DO CIRCO, DECIDE DEDICARSE A EL ACHEGANDO A SÚA VISIÓN SOCIAL DO MUNDO. É UN COMUNICADOR NATO QUE DESTACA NA SÚA TÉCNICA DE SLAPSTICK E XESTUALIDADE FACIAL. ACTUALMENTE É TESOUREIRO NA APCG. MALALA RICOY É UNHA ARTISTA MULTIDISCIPLINAR. LICENCIADA EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL, É MONITORA DE TÉCNICAS AÉREAS EN ANDÉN 38 (A CORUÑA) E IMPARTE TALLERES DE IMPRO TEATRAL. A SÚA COMPAÑÍA UNIPERSOAL É PATTY DIPHUSA, COA QUE TEN DOUS ESPECTÁCULOS: “SUPERHARTE”, UN ESPECTÁCULO DE CLOWN FAMILIAR, E “SEXO SEGURO, SEGURO? SEGURO!”, UN SHOW SOBRE O AMOR PARA ADULTOS. ACTUALMENTE É VICEPRESIDENTA DA APCG. XUNTOS FORMÁMONOS NA PEDAGOXÍA DO CLOWN DE MICHEL DALLAIRE, A TRAVÉS DO HANGAR MANICÓMICO. EN SLAPSTICK CON JORGE MÉNDEZ, E EN TÉCNICAS DE HUMOR FÍSICO E CLOWN CON MESTRES COMO JOHNNY MELVILLE, JEF JOHNSON, DAVID LARIBLE OU PETA LILY ENTRE OUTROS. COMO PALLASOS SOMOS VERSÁTILES, MOI ENÉRXICOS, TEMOS GRAN CAPACIDADE DE XOGO E UN ALTO GRAO DE COMPLICIDADE. ENCÁNTANOS MESTURAR O CLOWN CON OUTRAS DISCIPLINAS E XERAR PERSONAXES.

  • Sinopsis do espectaculo:

    MAL DE TONTOS (CONSOLO DE MOITOS) É A NOVA PEZA NA QUE CIRKOMPACTO ATRÉVESE A REPRESENTAR DE NOVO A DOUS TOLOS DIAÑOS, ENCARNADOS EN GURÚS VENDE-FUMES, QUE FARÁN CUESTIONARSE AO PÚBLICO EN QUE MEDIDA PERTÉNCELLES A SÚA PROPIA VIDA. UNHA OBRA DISPARATADA NA QUE SE ENTRELAZAN O CLOWN, A DANZA E A ACROBACIA A TRAVÉS DO HUMOR FÍSICO CUN FINAL SORPRENDENTE.

  • Caché con IVE : 1815.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2315.0 €

  • Técnica