#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A Xanela do Maxín: Rato Pérez

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: a partir dos 3 anos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : A Xanela do Maxín

  • Datos de contacto : 635 364 587 - info@axaneladomaxin.com

  • Páxina web do grupo : https://axaneladomaxin.com/espectaculos/rato-perez/

  • Sinopsis da compañia :

    A Xanela do Maxín é unha compañía profesional de teatro de obxectos, monicreques e formas animadas que comeza a súa andadura no ano 2007 e na actualidade conta xa con máis 30 espectáculos producidos. Participamos así mesmo, dos seguintes circuítos: Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Rede Cultural da Deputación da Coruña, Rede de Auditorios da Deputación de Ourense, Ler Conta Moito, Circuíto de CiudaDistrito (Madrid), entre outros No 2020 produciu e realizamos o audiovisual “Os Toupiconsellos” para o Fondo de Proxectos Culturais da Xunta e no 2021,“Toupiciencia”. No 2018 publicase a obra “Ula Lúa?”, no 2019 "O Apalpador e a Nena sen medo" e “Pasando a Bóla”, no 2020 “A Viaxe de Saira” e no 2022 “O libro da Toupiciencia” e "Lúa quere viaxar a... Marte!", co selo Guindastre Edicións, con arredor de 5.000 exemplares vendidos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    RATO PÉREZ é unha emocionante historia que narra a aventura deste famoso recolle-dentes. Enfrontándose a perigos e desafíos, Pérez debe atopar unha solución para o seu problema de almacenaxe de dentes sen deixar de cumprir coa súa misión vital. Nesta comedia chea de acción, descubriremos o fascinante mundo do Rato Pérez e dos seres recolle-dentes. A importancia de manter viva esta tradición axuda a garantir dentes fortes e sans nas nenas e nenos.

  • Caché con IVE : 1600.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2100.0 €

  • Técnica