#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CIRCO CHOSCO: OH-PERA!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : COPERACTIVA CULTURAL SL

  • Datos de contacto : 622 434 88 - administracion@coperactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/oh-pera

  • Sinopsis da compañia :

    Circo Chosco créase ao coñecérense Ariñe Azkue e Óscar Páez na escola de circo Oreka (Pamplona), na que se formaron durante tres anos. Alí aprenderon diferentes técnicas de circo así como malabares, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación... Despois tomaron diferentes camiños até que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez lles botou unha man na dirección do espectáculo Chosco! Ariñe Azkue realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na Península, en Italia e máis en Arxentina. Actuou en diferentes festivais de teatro de rúa e diversas galas de circo, traballou con compañías como Zirko Oreka, Zirika Zirkus, Panpinpox… e foi profesora de Técnicas aéreas na mesma escola Oreka na que estudou. Óscar Páez, pola súa banda, cursou diferentes cursos de clown, acroportés, danza e malabar en diferentes lugares da Península e Arxentina. Formou parte de diferentes compañías de circo, como La Banda e Zirko Oreka, ademais de actuar en diferentes festivais de teatro de rúa e galas circenses. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona. Logo de debutar con Chosco!, Circo Chosco crearon o seu segundo espectáculo xuntos, Forzu2, e participan tamén en compañías como Cair e Pistacatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Contar historias desde a imaxe, cando as cousas falan, descubrir novos espazos e ver come se transforman os vellos. Todo cambia, nada permanece e con cada transformación ábrese un mundo de posibilidades. Todo está composto de átomos, segundo como se combinen pode ser unha xirafa, unha cadeira ou unha escaleira. O mundo está feito de pezas elementais e o noso mundo está feito de caixas que van mudando en universos diferentes. Unha viaxe polas posiblidades da vida, polas eleccións que tomamos no día a día, nas que o amor é a materia escura que os une.

  • Caché con IVE : 1815.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1815.0 €

  • Técnica