#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Furia Sotelo: Sobre o extravío ou a arte de perderse

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: +12

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : Amarelo Distribución Escénica

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : https://www.dropbox.com/scl/fi/0g0oax1x8ll14gqu0xx2f/DOSSIER-GAL_.pdf?rlkey=v40l3wsjahgjrttzi8m07ikz1&st=6np2b3oq&dl=0

  • Sinopsis da compañia :

    Nuria Sotelo inicia a súa traxectoria traballando como intérprete para o Centro Coreográfico Galego ou Experimenta Danza, 5S, Elefante Elegante, habitual nos equipos de Matarile e paralelamente inicia o camiño da súa compañía: Licenciada Sotelo aparece no 2010 coa presentación de Nuria dirixida por Ana Vallés: "Métanse nos seus asuntos". A partir dese momento Nuria Sotelo e compañía, co corpo e o movemento como centro, camiña en busca dunha linguaxe escénica ecléctica e multidisciplinar. Produce diferentes pezas que xiran en Redes de Teatros Autonómicas e festivais nacionais e internacionais. A obra "Ensaio amor" foi premiada na 30 edición do Certame Coreográfico de Madrid. Nuria Sotelo recibe o premio á interpretacion Maruxa Villanueva. Co seu espectáculo de sala "Mortais e vulnerables" a Licenciada Sotelo da paso a Furia Sotelo, sendo os seus principais espectáculos: Métanse nos seus asuntos, 2010 Manifesto, 2010 Desmemoriada, 2011 Usted está aquí, 2011 Estado de gracia, 2013 Silencio, por favor, 2014 Ensaio Amor, 2015 A gala, 2019 Mortais e vulnerables, 2021 Vestirme de ti, 2023 Fóra de si, 2024 (Nuria Sotelo + Luz Arcas) Sobre el extravío o el arte de perderse, 2024. Furia Sotelo é compañía residente de A Casa Vella.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un espectáculo de danza-teatro de Ana Vallés e Nuria Sotelo sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse.

  • Caché con IVE : 3080.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4100.0 €

  • Técnica