#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Fulano Mengano e Citano: O Que Hai Que Ver

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 65 min

  • Persoa representante : Belén Canabal Lozano

  • Datos de contacto : 655 142 760 - fulanomenganocitano@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/drive/folders/13ksf-maaN68dj2veb2waMrqoNJW2zBUz?usp=drive_link

  • Sinopsis da compañia :

    Fulano Mengano e Citano unha das compañías mais valoradas polo publico galego naceu en Vigo no ano 1994 Da sua ampla traxectoria con máis de 30 anos polos escenarios de Galicia destacan obras de grande éxito como“Cheiro de Estrelas” “Shss...Calma!”, “O Faro” ou adaptacions ao galego de obras de recoñecido prestixio internacional como “Arte” As producións de Fulano Mengano e Citano distinguíronse, desde sempre, polas súas propostas de creación orixinal, expresadas a través da sátira e a crítica. As suas montaxes tratan sempre temas de actualidade, na procura dese espello onde o espectador poida ver reflectida, a sua realidade mais cercana. O humor é o noso vehículo de comunicación. Actualmente “Fulano, Mengano e Citano” está formada por Paulo Medal, Suso Pando, Marcos Alonso ,Jonathan Carames e Manuel Pombal .

  • Sinopsis do espectaculo:

    Porque non hai desgraza sen negocio nin mal que non beneficie a outro, aquí está O que hai que ver, onde cousas veredes que non creredes. Unha montaxe retranqueira que nos fará rir de nós e dos outros, do propio e do alleo, do ben e do mal, e é que ao final -como di unha canción do espectáculo-, -o yin e o yang, a man se dan- Con O que hai que ver, Fulano Mengano e Citano tenta achegar o seu grao positivo e pórlle un algo de humor á vida, cun teatro en clave de comedia que nos surte de alegría, que nos anima a pensar, pero cun sorriso, Alegría, humor, historias sorprendentes, teatro sen trucos e cancións ao vivo, mais vivo que nunca.

  • Caché con IVE : 2200.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2500.0 €

  • Técnica