#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A Xanela do Maxín: O Apalpador e as palabras perdidas

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: a partir dos 3 anos

  • Duración do espectaculo: 45 minutos

  • Persoa representante : A Xanela do Maxín

  • Datos de contacto : 635 364 587 - info@axaneladomaxin.com

  • Páxina web do grupo : https://axaneladomaxin.com/espectaculos/o-apalpador-e-as-palabras/

  • Sinopsis da compañia :

    A Xanela do Maxín é unha compañía profesional de teatro de obxectos, monicreques e formas animadas que comeza a súa andadura no ano 2007 e na actualidade conta xa con máis 30 espectáculos producidos. Participamos así mesmo, dos seguintes circuítos: Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Rede Cultural da Deputación da Coruña, Rede de Auditorios da Deputación de Ourense, Ler Conta Moito, Circuíto de CiudaDistrito (Madrid), entre outros No 2020 produciu e realizamos o audiovisual “Os Toupiconsellos” para o Fondo de Proxectos Culturais da Xunta e no 2021,“Toupiciencia”. No 2018 publicase a obra “Ula Lúa?”, no 2019 "O Apalpador e a Nena sen medo" e “Pasando a Bóla”, no 2020 “A Viaxe de Saira” e no 2022 “O libro da Toupiciencia” e "Lúa quere viaxar a... Marte!", co selo Guindastre Edicións, con arredor de 5.000 exemplares vendidos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “O Apalpador e as palabras perdidas” é un espectáculo de teatro actoral, monicreques, hologramas música e moito agarimo. Un espectáculo que non deixará indiferente a ninguén e no que os xogos tradicionais e as palabras perdidas serán grandes protagonistas. Ben é sabido que O Apalpador baixa cada ano dende o Courel para traer castañas e agasallos e dende que coñeceu á nena sen medo, tamén palabras! Palabras que van esquecéndose… mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar. Buscaremos, atoparemos e recuperaremos xoguetes e palabras que foron esquecidas por moitas persoas. Así, esas palabras poderán volver ás nosas vidas na noite do Nadal en forma de agasallo para seguir aprendendo e gozando duhas tradicións e dun idioma tan máxicos como fermosos. Xa lle escribistes ao Apalpador??? Agarda as vosas cartas para o Nadal!

  • Caché con IVE : 1100.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1550.0 €

  • Técnica