#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

IXA: Ollos cara adentro

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Público xeral

  • Duración do espectaculo: 20 minutos

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Ollos%20cara%20adentro/

  • Sinopsis da compañia :

    iXa é un proxecto cultural centrado nas artes do movemento, codirixido por Mariona Jaume e Xián Martínez. En iXa buscan crear espectáculos e proxectos de mediación centradas nas artes do movemento con dramaturxias accesibles que conecten co imaxinario colectivo e poñan o foco na conciencia social, fomentando desta maneira a democratización da danza para toda a cidadanía. Algunhas das súas principais propostas son Con/Sin/In-Tacto, Pioneiras, Yellow Lemon ou Xeración Z.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ollos cara dentro é unha proposta escénica das bailarinas Xián Martínez e Elena Castellanos que traslada a concepción surrealista do soño a un espazo físico efémero onde a linguaxe predominante é o movemento. Un proxecto da compañía de danza iXa para espazos non convencionais. Tomando como punto de partida o universo do onírico, Ollos cara dentro pretende indagar na concepción surrealista do soño; ese lugar onde os límites da lóxica, a razón, a conciencia e mesmo as convencións do gusto rompen e permiten abrir unha porta entre o mundo interior e exterior de cada individuo. Recoñecementos Primeiro premio Certamen Coreográfico de Sabadell Primeiro premio Certamen Coreográfico de Compostela Segundo Premio Certamen Coreográfico Bucles Finalista (2º Clasificado) Certamen Coreográfico distrito de Tetuán Premio do público CC distrito de Tetuán Premio a bailarina sobresaliente no CC distrito de Tetuán Finalista Internacional Dance competition ICC LINKAGE, Bulgaria Premio do público Certamen Coreográfico DanzaXtrema, Extremadura Premio a bailarín sobresaliente con perfil de creador Premio AMERICAN DANCE FESTIVAL en el Certamen Coreográfico de Madrid Premio Emprendodanza en el CC de Madrid Premios de programación FESTIVAL LABO GO XL 2024, Premio Festival DZM Extremadura Residencia Nave del Duende, Premio Festival DZM, Extremadura Residencia Centro Civic la Barceloneta Premio CC de Sabadell Residencia Estruch, Premio CC de Sabadell.FESTIVAL CERVANDANTES, Premio CC de Madrid

  • Caché con IVE : 1710 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1710 €

  • Técnica