#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

AMORODIO TEATRO: A NAI

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +12

  • Duración do espectaculo: 100 MINUTOS

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 666 129 454 - amorodioteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://amorodioteatro.com/espectaculos

  • Sinopsis da compañia :

    AMORODIO Teatro, conformada por Carmen Facorro e Javier Castiñeira, naceu da eterna contradición entre o amor e o odio hacia a nosa terra. Como galegas, temos moi arraigado esa frase de “amor do que marcha e odio do que queda” e nós, como sempre dicimos: “non queremos marchar, queremos ficar aquí”. Reino da extinción foi o noso debut como compañía no ano 2021, con A Nai a nosa segunda produción, conseguimos consolidarnos. Neste segundo proxecto, dirixido por Marián Bañobre e cuxa dramaturxia correu a cargo de Laura Porto obtivemos o premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade e a nominación a Mellor texto orixinal nos Premios María Casares 2024. Cortello de amor é a nosa terceira produción.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A Nai é un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral. Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente, e material de construción para o futuro, trazaremos relacións entre a vida e obra das irmás e as nosas propias vidas, tratando de establecermos un paradigma de acción ética que abra unha vía para construír unha sociedade mellor a través da acción individual.

  • Caché con IVE : 2894.74 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3473.68 €

  • Técnica