#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MIGALLAS TEATRO: "Os tres porquiños"

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Bebés a partir de 6 meses

  • Duración do espectaculo: 30 minutos

  • Persoa representante : MIGALLAS TEATRO, S.L.

  • Datos de contacto : 618 813 071 - migallas@migallas.gal

  • Páxina web do grupo : https://migallas.gal/os-tres-porquinhos/

  • Sinopsis da compañia :

    Migallas Teatro realizou desde a súa fundación no ano 1992 máis de 1600 representacións de máis dunha trintena de espectáculos diferentes creados pola propia compañía. Alén disto, leva coordinado a creación de máis de medio cento de montaxes teatrais con rapaces e rapazas de entre 7 e 18 anos. Bea Campos é actriz, narradora e directora teatral, licenciada en arte dramática pola ESAD de Galicia. Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes escénicas en América Latina. No mundo do teatro tamén traballa na compañía Inventi Teatro e participou como actriz en diferentes compañías. É formadora no ámbito da expresión dramática, narración oral e literatura infantil. Tamén colaborou nun gran número de proxectos audiovisuais e na canle de difusión de literatura infantil “Kalandraka TV” achegando o mundo do libro a nenos/as e maiores.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “Os tres porquiños” é un espectáculo teatral para bebés a partir de 6 meses con monicreques, teatro, xogos tradicionais e cancións. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia. Esta peza teatral protagonizada por Bea Campos conta cunha coidada escenografía elaborada con materiais próximos aos nenos e nenas: follato de millo, madeira, cartón, teas... co que se consegue achegar o teatro aos máis pequenos da casa. O espectáculo conta con dúas partes, unha primeira de 30 minutos durante a cal as familias poderán gozar da proposta escénica e unha segunda parte de 15 minutos na que a actriz achegará a escenografía ao público, que poderá ver como están realizados os bonecos, as casiñas e os elementos escenográficos.

  • Caché con IVE : 600.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 748.0 €

  • Técnica