#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BEA CAMPOS: OS CONTOS DE VIOLETA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: a partir de 3 anos

  • Duración do espectaculo: 45 MIN.

  • Persoa representante : BEATRIZ CAMPOS

  • Datos de contacto : 619 775 386 - bea.campos@hotmail.es

  • Páxina web do grupo : https://noga.gal/bea-campos/

  • Sinopsis da compañia :

    Bea Campos é actriz, directora teatral, narradora e presentadora. Licenciada en arte dramático pola ESAD de Galicia leva vinte anos dedicándose profesionalmente a arte dramática e a narración oral. Realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, visitando festivais en México, Colombia, Brasil e Venezuela. Forma parte da compañía "Migallas Teatro" con diferentes espectáculos para público dende os 6 meses ata os 100 anos. No mundo do teatro tamén traballa na compañía Inventi Teatro e participa como actriz en diferentes compañías. É formadora no ámbito da expresión dramática, narración oral e literatura infantil.Tamén colaborou nun gran número de proxectos audiovisuais entre eles presentou durante cinco anos a canle de difusión de literatura infantil “Kalandraka TV” achegando o mundo do libro a nenos e maiores.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Espectáculo de contos con música OS CONTOS DE VIOLETA. Historias para a igualdade. A pequena Violeta encantalle as historias onde os nenos e as nenas poden facer as mesmas cousas. Ela sempre leva unha maleta na que garda os seus libros preferidos para compartir cos nenos e as nenas. Nesta proposta de teatro, contos e música atoparás aventuras que rompen os estereotipos e os roles asignados tradicionalmente os nenos e as nenas. Os contos propostos traballan a integración, a igualdade, e a loita por un mundo igualitario para todas e todos. Música, cancións e expresión dramática nesta divertida proposta a cargo de Bea Campos e coa música de Jonathan Caramés.

  • Caché con IVE : 650.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 800.0 €

  • Técnica