#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

La Macana: PINK UNICORNS

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 670 279 805 - info@lamacana.es

  • Páxina web do grupo : https://lamacana.es/pink-unicorns/

  • Sinopsis da compañia :

    La Macana é unha compañía galega de danza, creada en 2009 por Caterina Varela e Alexis Fernández. Ela é bailarina, coreógrafa, produtora e directora de diversos proxectos de promoción das artes performativas e el é un recoñecido bailarín e coreógrafo de orixe cubana. Na súa traxectoria recibiron diferentes premios e os seus traballos gozan dunha boa acollida nos circuítos internacionais, presentándose en máis de trinta países e colaborando con diferentes artistas e teatros europeos. Os que coñecen La Macana agardan unha obra con forte material físico e unha estreita relación co público. A autobiografía é a principal fonte de inspiración.

  • Sinopsis do espectaculo:

    En Pink Unicorns, o bailarín galego de orixe cubana Alexis Fernández sube ao escenario co seu fillo adolescente. A experiencia xúntase á exuberancia xuvenil. A serenidade asumida é cuestionada con curiosidade. A obra de La Macana trata da non sempre sinxela relación entre xeracións. O impulso de pai e fillo por compartir escenario levanta un espello ante o público: pais, nais, fillos, fillas. Pink Unicorns é unha danza-teatro salvaxe no que se atopan dous corpos. Se a autobiografía sempre foi fonte de inspiración para La Macana, non é até Pink Unicorns que toma esta forza traendo a escena este retrato familiar. Un proceso de creación intenso para o que convidamos a Samir Akika –coreógrafo francés, afincado en Alemania– a asinar esta creación con nós. Pink Unicorns conta coa coprodución do Agadic en Galicia e o respaldo de dous importantes teatros de Alemania: Theater im Pumpenhaus (Münster) e Theater Bremen.

  • Caché con IVE : 3600.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4500.0 €

  • Técnica