#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

OS NÁUFRAGOS TEATRO: BULEBULE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil de 4 a 10 anos

  • Duración do espectaculo: 40 minutos

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/familiar/Os%20N%C3%A1ufragos/

  • Sinopsis da compañia :

    Os Náufragos Teatro segue a estela de HUGO, Premio María Casares 2022 ao mellor espectáculo para a infancia e a xuventude, unha peza que fala sobre o TEA, o Trastorno do Espectro Autista que foi seleccionada para participar na Feira internacional para a infancia e a xuventude FETÉN 2022, en Galicia Escena Pro 2022 e no Circuíto Assitej dese mesmo ano.

  • Sinopsis do espectaculo:

    BULEBULE é o novo espectáculo para público infantil a partir de 4 anos de Os Náufragos Teatro sobre o TDAH, o Trastorno do déficit de atención con hiperactividade. Cando Candela Bulebule esperta comeza a enerxía! Mira todo, toca todo: non para! Tamén se distrae, máncase, perde cousas. Bulebule é un desastre! É impulsiva, torpe e descoidada... ou iso é o que di parte da súa familia, das súas amigas e da xente que bate con ela na rúa. Bulebule ten un motor dentro que nunca se apaga e as veces síntese mal porque cree que non pode facer algunhas cousas que outros nenas e nenas si poden. Aínda que Bulebule tamén é brillante, espontánea e cariñosa. EQUIPO ARTÍSTICO Jimmy Nuñez e Irene Lorenzo Espazo escénico e lumínico Daniel Pais Axudantía de Dirección Rebeca Vecino Dramaturxia e Dirección Gustavo del Río

  • Caché con IVE : 3135.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3840.0 €

  • Técnica