#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

SARABELA TEATRO: O DRAGÓN DE OURO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos (maiores de 11 anos)

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante : SARABELA TEATRO/ CULTURACTIVA

  • Datos de contacto : 639 884 984 - sarabelateatro@yahoo.es

  • Páxina web do grupo : www.sarabelateatro.com

  • Sinopsis da compañia :

    Premio da Cultura Galega en 2017 , con máis de 40 anos de actividade ininterrompida, Sarabela, é a compañía de teatro de actor máis veterana de Galicia, está en proceso de cambio e de procura artística constante. Con elencos máis ou menos numerosos nos que se contou con diversos profesionais do teatro galego xunto a membros da compañía, nos últimos anos esa variedade pasou tamén á dirección escénica. Sarabela nace no ano 1980 e ata o 2018 leva 56 montaxes teatrais, tanto para público adulto (na súa maioría) como infantil. Autores como Ionesco, Fernán Gómez, Saramago, Lagarce, Cunqueiro, Rivas, Blanco Amor, Shakespare, Lorca ou Belbel súmanse na traxectoria da compañía a dramaturxias pro-pias como as de Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Begoña Muñoz ou Carlos Couceiro. Ten obtido recoñecementos polos seus traballos entre os que están numerosos María Casares ademais dos Compostela, Fetén, Celestina, Xiria, Abrente ou o Premio da Cultura Galega. Cos seus espectáculos e as súas actividades percorreu Galicia, España e Portugal ademais de ter ac-tuado en Francia, Italia ou Marrocos. Ata aquí chegamos e pode que saibamos por onde queremos ir. Os nosos obxectivos: facer un teatro bo, un teatro vivo, arriscado, contemporáneo, coherente; con rigor, autocrítica, responsabilidade, resis-tencia… Corrixir constantemente, mellorar para anovarnos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés-Chinés-Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida. No balcón sobre o restaurante "Dragón de Ouro", un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos. No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda un moa que caeu na súa sopa tailandesa. Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer durante o inverno. A obra sitúa o tema nun novo contexto e entusiasma a espectadorese espectado-ras polo áxil cambio de roles. Os momentos humorísticos con paradoxos, debuxan un interesante retrato sobre os inmigrantes ilegais e a súa explotación no mundo occidental. Roland Schimmelpfenning, autor de persoalísima escrita. Dramaturgo contemporáneo máis estreado en Alemaña, Director, Xornalista e Profesor de Dramaturxia. Esta vai ser a primeira vez que poidamos escoitala e vela en galego.Para iso contamos coa colaboración do Instituto Goethe e a magnífica tradución de Catuxa Pato. A obra sitúa o tema nun novo contexto e entusiasma a espectadorese espectado-ras polo áxil cambio de roles. Os momentos humorísticos con paradoxos, debuxan un interesante retrato sobre os inmigrantes ilegais e a súa explotación no mundo occidental.

  • Caché con IVE : 4130.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4350.0 €

  • Técnica