#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BAOBAB TEATRO: LUPPO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 50 mints

  • Persoa representante : BAOBAB TEATRO

  • Datos de contacto : 699 783 168 - contacto@baobabteatro.com

  • Páxina web do grupo : https://baobabteatro.com/gl/luppo

  • Sinopsis da compañia :

    Baobab Teatro somos unha compañía especializada en teatro para público familiar, que nace no 2010 da man de Óscar Ferreira e Andrea Bayer. Temos unha filosofía, crear espectáculos de máxima calidade, apostando por unha forte poética e promocionar a lingua galega. Ao longo destes anos fomos recollendo recoñecementos e premios polos nosos diferentes espectáculos: No 2012 Mención de Honor no III Certamen Literario de “Cuento en corto”, certame internacional de contacontos, polo texto “Dª Margarita y la luna” No 2013 Nomeación aos premios Max na categoría de Mejor autoría teatral gallega polo espectáculo “Fíos” No 2014 Premio “Barriga Verde” polo texto teatral “O lobo e a lúa” No 2015 Premio Mejor espectáculo para público infantil y familiar en la XVIII Feria de Castilla y León” polo espectáculo “Luppo” No 2016 Candidatura aos premios MAX polo guión teatral LUPPO No 2018 Nomeación a Mellor espectáculo Infantil nos XXII Premios María Casares por PUM PUM. No 2021 Nomeación a Mellor espectáculo Infantil nos XXV Premios María Casares por RIS RAS No 2022, Premio “PROVINCIA A ESCENA” na “XXV FERIA TEATRO CASTILLA Y LEÓN- CIUDAD RODRIGO”. (Premio concedido por votación dos programadores/as culturais , co obxectivo de facer un recoñecemento ao MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL E FAMILIAR ). Ademais da concepción, creación e posta en escena de diferentes espectáculos, Baobab teatro dirixe e organiza o Festival das Núbebes de Pontevedra (Festival de teatro para bebés e familia) dende o seu comezo no ano 2012, ata o día de hoxe.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto de cada mañá, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción. Ten un amigo, Tulún, un neno que cada mañá lévalle o pan, as especias e o xornal. Luppo cóntalle a Tulún moitas historias da súa vida. Unha mañá, Tulún chega coa compra e Luppo non está... “Luppo” é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego cara as persoas que nos rodean, en particular aos nosos maiores e da importancia das historias que construimos ao longo da vida.

  • Caché con IVE : 2290.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2290.0 €

  • Técnica