#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ELEFANTE ELEGANTE: Kyoki

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar +5 anos

  • Duración do espectaculo: 50 min

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 606 257 239 - comunicacion@elefanteelegante.net

  • Páxina web do grupo : https://elefanteelegante.net/gl/espectaculos/kyoki/

  • Sinopsis da compañia :

    O Elefante Elegante nace do desexo de desenvolver unha linguaxe plástica, poética e universal que non dependa exclusivamente do texto e que permita indagar temáticas de carácter social e existencial. As súas creacións xurden do diálogo do teatro físico coa a danza, a música e as artes visuais. Os espectáculos do Elefante Elegante están baseados na relación do corpo co espazo e reflexan unha rigorosa investigación de xestos, movementos e imaxes.

  • Sinopsis do espectaculo:

    KYOKI é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. E´ certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avóa, a súa filla e a doutora.

  • Caché con IVE : 2299 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2601 €

  • Técnica