#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Fulano Mengano e Citano: Top Manta

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 70 min

  • Persoa representante : Belén Canabal Lozano

  • Datos de contacto : 655 142 760 - fulanomenganocitano@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://youtu.be/nA7SISmSAqA

  • Sinopsis da compañia :

    Fulano Mengano e Citano unha das compañías mais valoradas polo publico galego naceu en Vigo no ano 1994 Da sua ampla traxectoria con máis de 30 anos polos escenarios de Galicia destacan obras de grande éxito como“Cheiro de Estrelas” “Shss...Calma!”, “O Faro” ou adaptacions ao galego de obras de recoñecido prestixio internacional como “Arte” As producións de Fulano Mengano e Citano distinguíronse, desde sempre, polas súas propostas de creación orixinal, expresadas a través da sátira e a crítica. As suas montaxes tratan sempre temas de actualidade, na procura dese espello onde o espectador poida ver reflectida, a sua realidade mais cercana. O humor é o noso vehículo de comunicación. Actualmente “Fulano, Mengano e Citano” está formada por Paulo Medal, Suso Pando, Marcos Alonso ,Jonathan Carames e Manuel Pombal .

  • Sinopsis do espectaculo:

    TOP MANTA, cóntanos unhe serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un “coctel” que nos fará estoupar coa risa. Divertidas imaxes de transición, intercalados ao longo de toda a peza van complementando as escenas, ao tempo que potencian o ritmo narrativo. As distintas historias que se presentan, ofrecen sorpresas continuas, que fan que os espectadores saian do teatro eufóricos, felices e con ganas de volver. "TOP MANTA" un espectáculo para rir e rir e rir por non chorar, chorar, chorar… de risa, claro.

  • Caché con IVE : 2800 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3100 €

  • Técnica