#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

SARABELA TEATRO: A LINGUA DAS BOLBORETAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante : SARABELA TEATRO/ CULTURACTIVA

  • Datos de contacto : 629 860 580 - sarabelateatro@yahoo.es

  • Páxina web do grupo : www.sarabelateatro.com

  • Sinopsis da compañia :

    Premio da Cultura Galega en 2017 , con máis de 40 anos de actividade ininterrompida, Sarabela, é a compañía de teatro de actor máis veterana de Galicia, está en proceso de cambio e de procura artística constante. Con elencos máis ou menos numerosos nos que se contou con diversos profesionais do teatro galego xunto a membros da compañía, nos últimos anos esa variedade pasou tamén á dirección escénica. Sarabela nace no ano 1980 e ata o 2018 leva 56 montaxes teatrais, tanto para público adulto (na súa maioría) como infantil. Autores como Ionesco, Fernán Gómez, Saramago, Lagarce, Cunqueiro, Rivas, Blanco Amor, Shakespare, Lorca ou Belbel súmanse na traxectoria da compañía a dramaturxias pro-pias como as de Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Begoña Muñoz ou Carlos Couceiro. Ten obtido recoñecementos polos seus traballos entre os que están numerosos María Casares ademais dos Compostela, Fetén, Celestina, Xiria, Abrente ou o Premio da Cultura Galega. Cos seus espectáculos e as súas actividades percorreu Galicia, España e Portugal ademais de ter actuado en Francia, Italia ou Marrocos. Ata aquí chegamos e pode que saibamos por onde queremos ir. Os nosos obxectivos: facer un teatro bo, un teatro vivo, arriscado, contemporáneo, coherente; con rigor, autocrítica, responsabilidade, resistencia… Corrixir constantemente, mellorar para anovarnos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Eu quería moito a aquel mestre, confesa Moncho, ao principio, os meus pais non podían crelo. Quero dicir que non podían entender como eu quería ao meu mestre. Cando era un picariño, a escola era unha ameaza terrible. Unha palabra que cimbraba no aire como unha vara de vimbio: “Xa verás cando vaias á escola!” SINOPSE O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

  • Caché con IVE : 4100.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4350.0 €

  • Técnica