#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Teatro O Cubo: Nube Nube Sol

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil 0 a 4 anos

  • Duración do espectaculo: 45 minutos

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Nube%20Nube%20Sol/

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro ó cubo é unha compañía de teatro formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal. A súa formación afonda nas diversas artes escénicas. Co teatro como eixo común pasando pola danza, o circo, os monicreques e a música, estes dous artistas conforman unha compañía orixinal e sorprendente na que combinan múltiples disciplinas. Dende 2016 levan producindo pezas teatrais para o público infantil e familiar. José luís Baños de Cos escribe a súa ópera prima O Faiado que Sofía, Roberto e Alfredo Pérez Muiño “Fredi” traducen ó teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”. No verán de 2018 estrean e xiran cunha segunda creación, Ghop!, un aclamado espectáculo de teatro cómico de rúa, co mago Noel Fandiño como parte do elenco. A través de outras creacións máis recentes como Nube nube sol, Teatro ó Cubo diríxese á primeira infancia e as súas familias. A súa nova montaxe é a peza de teatro físico para o público familiar Ningures.

  • Sinopsis do espectaculo:

    As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ó Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre Escenografía: Beatriz de Vega Música BSO: Brais das Hortas Texto, canción e coreografía: Sofía Espiñeira Monicreques e escenografía: Roberto Casal Dirección e interpretación: Sofía Espiñeira e Roberto Casal

  • Caché con IVE : 900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1350.0 €

  • Técnica