#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

NELSON QUINTEIRO PRODUCIÓNS: FALA ME. Galician Trad Cabaré

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 120

  • Persoa representante : NELSON QUINTEIRO ROA

  • Datos de contacto : 647 647 404 - nelson.quinteiro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.nelsonquinteiro.com/tradcabare

  • Sinopsis da compañia :

    Somos unha compañía artística multidisciplinar especializada na creación de experiencias temáticas a través da danza, a música, o teatro de rúa e a animación sabendo conxugar sempre os mellores perfiles coas mellores ideas creativas. Somos especialistas en cabaré, teatro de rúa e contidos para todo o ciclo festivo do ano, creando propostas para todos os públicos. Creamos escenas evocadoras, que abordan directamente os imaxinarios colectivos. Experiencias emocionantes que nos fagan vibrar, participar, e celebrar a vida e a ledicia de vivir. Espectáculos propios e todo o que necesites A MEDIDA do que precises transmitir, comunicar. Somos responsables da programación, produción e comunicación de propostas tan singulares coma o Ciclo "Cabaré Cabaré" do Excmo Concello de Pontevedra (2021) Festival Galego de Cabaré (12 edicións dende o 2006 ao 2021), Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Piñeiro (Pontevedra) 2017, 2018, 2019, 2021 e 2022 "Pequeno Circo de Nadal" (Rianxo 2016, 2017, 2018 e Salceda de Caselas 2019, 2020 e 2021, 2022, 2023), "Parranda & Trucks" (Portonovo 2017 e 2018), "Pequeno Circo de Entroido" (A Coruña 2017 e 2018),"Tarde dos Pepes e das Pepitas" (Marín 2019), entre moitos outros. Ao longo destes últimos anos encargámonos do street márketing de propostas tan singulares como os festivais "Rilla na Rúa" ou a inauguración de "A Sede. RC Celta de Vigo", así como o desenvolvemento de propostas ad hoc para festas como San Xoán de Poio, San Xenxo e Santa Rosalía en Sanxenxo, Batalla de Flores de Pontevedra, etc... Creamos espectáculos propios e todo o que necesites A MEDIDA do que queiras COMUNICAR.

  • Sinopsis do espectaculo:

    FALA-ME Galician Trad Cabaré A PRODUCIÓN MÁIS SINGULAR E AGARDADA DA COMPAÑÍA NELSON QUINTEIRO Unha proposta de cabaré e cabaré galego que convirte o escenario nun salón de baile dos anos 20-30 e onde non falta o foxtrot, o tango, o cuplé e sobre todo a muiñeira, pois como ben di o guión, "a muiñeira vai con todo". Un espectáculo de empoderamento da música, danza e vestiario tradicional galego, da cultura tradicional, o folk e o folclore a través do cabaret, da picardía e do teatro. Con música ao vivo e danza de primeirísimo nivel e un elenco de vértixe Todo guiado polo cantareiro, e mestre de cerimonias Nelson Quinteiro, director da peza. Un luxo de espectáculo no que o público ri, canta, participa e emociónase a partes iguais.

  • Caché con IVE : 3600.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4200.0 €

  • Técnica