#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A MAGA FANI : IGUALDADE: onde estás?

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: -Espectáculo para todos os públicos: FAMILIAR (de 5 a 155 anos)

  • Duración do espectaculo: 65

  • Persoa representante : MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA

  • Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com

  • Páxina web do grupo : http://www.magafani.com/

  • Sinopsis da compañia :

    A MAGA FANI Representacións contra a violencia de xénero, a prol da lingua e cultura, o humor saudable, a bioloxía, a arqueoloxía etc., son o núcleo fundamental do seu traballo. Sempre disposta a loitar contra as desigualdades sociais, crebar clixés e rachar cos estereotipos. O coidado nas presentacións e nos guións dos seus actos fai que cree intres creativos, excéntricos, emotivos e orixinais. -DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” ESPECTÁCULO DE MAXIA-CIRCO-DANZA https://www.inventio.gal/ Licenciada en Bioloxía Estudos de Ballet Clásico Estudos de Danza-Jazz Estudos de Expresión Corporal Cursos: Expresión Vocal, Canto Vocal e Moderno

  • Sinopsis do espectaculo:

    A protagonista desta historia nace un 8 de Marzo de 1975. Considerando este feito a súa nai un claro sinal dunha misión, decide chamala Esperanza...“Esperanza Marzal”. “Esperanza Marzal” traerá a igualdade: ela desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, pregúntase por que en moitas entrevistas nos medios de comunicación ás mulleres pregúntaselles polo seu físico, no canto de facelo pola súa actividade, a conciliación da vida laboral e familiar, a finalización de todo tipo de violencia de xénero, abusos etc. Deste xeito e a pesar de todas as celebracións do “Día da Muller”, segue sen palpar a “Igualdade”, por iso irá na súa procura, utilizando a maxia e o humor. Cumprirá a súa misión?,...atopará a igualdade?,...onde estás, igualdade?,...u-la igualdade? Espectáculo cheo de ilusións con cordas, cartas,...moito humor e participación do público, para tentar expor non só as desigualdades cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas traballando non ámbitos da educación e a cultura.

  • Caché con IVE : 1900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica