#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Ibuprofeno Teatro: Smoke on the water

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 75 minutos

  • Persoa representante : Ibuprofeno Teatro

  • Datos de contacto : 696 730 037 - ibuprofenoteatro@ibuprofenoteatro.com

  • Páxina web do grupo : https://www.ibuprofenoteatro.com/index.php/gl/espectaculos-gl/item/smoke-on-the-water

  • Sinopsis da compañia :

    Santiago Cortegoso e Marián Bañobre decidimos no 2010 fundar Ibuprofeno Teatro para emprender proxectos teatrais dun xeito independente integrando a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena. Procuramos o rigor na dramaturxia, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e procesos de creación. Gústanos falar dos temas claves que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar e que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico. A inicios do 2020 estreamos o noso sétimo espectáculo coincidindo cos 10 anos de vida da compañía. Durante esta década participamos en numerosas prazas e festivais de dentro e fóra de Galicia, sentíndonos moi ben acollidos e co recoñecemento de premios coma o María Casares a Mellor Actriz, Vestiario e Autor, finalista aos Max na categoría de Dirección e Autor ou o Álvaro Cun - queiro de Textos Teatrais, entre outros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este "status quo" absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie. A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredeo amoroso-financieiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

  • Caché con IVE : 4114.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4235.0 €

  • Técnica