#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Isla LeTriska: LeTriska Inmobile

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Tódolos Públicos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 622 434 88 - oficina360scoopgalega@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/letriska-inmobile

  • Sinopsis da compañia :

    Isla LeTriska, malia a súa ampla traxectoria de dez anos nos escenarios, conserva íntegra a ansia artística, pura e rebelde, do principiante. Desde a ilusionante escena do Novo Circo galego, en máis dunha década de carreira Isla LeTriska xamais se acomodou nunha mesma vertente artística. Flutúa, viaxa, explora. Dese xeito, é capaz de crear un espectáculo para o circuíto de salas tan exitoso como é Fermín Noite para despois regresar ás orixes co seu espectáculo de rúa máis refinado e clásico. Isla mantén a estética e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha conexión directa co público, na que as falcatruadas agroman a cada pouco. En definitiva, garda no seu interior un universo creativo versátil, cheo de sorpresas e de ideas sorprendentes.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Isla Le Triska presenta este delirante espectáculo no cal combina disciplinas de Novo Circo e clown con excentricidades e xogos co público. Un personaxe eléctrico e moi tolo sorprenderá a todos realizando proezas como: incribles malabares, darlles novos usos a obxetos cotiáns, pelexar co público, cantar ou converter a un neno nun grande artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobretodo tontería, moita tontería. Pequenos e grandes sacarán ó tolo que levan dentro.

  • Caché con IVE : 847 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 847 €

  • Técnica