#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Fantoches baj: O tranvía Leonardo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil a partir de 3 anos

  • Duración do espectaculo: 50 min.

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/O%20tranv%C3%ADa%20Leonardo/

  • Sinopsis da compañia :

    Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta máis tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés en As Pombas de Carboeiro. Na actualidade son moitos xa os espectáculos no haber da compañía dirixidos tanto a público infantil como adulto. Co seu espectáculo Os Golfiños e o xigante obtivo o premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O tranvía Leonardo é un espectáculo de narración oral para a infancia con marionetas e música no que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia, que, como era lento, sucio, pequeno, estreito e descarrilaba a míudo, foi motivo de mofa e protagonista de innumerabeis cancións e anécdotas. A música é o fío conductor deste espectáculo no que se cantan acompañados de caixa de música e reque reque as seguintes cancións: Caramba!, O trole do tranvía, Chucurruchú, O miudiño, Tango do billete, Romance de Guillermo, A Maturragaina e O trabalínguas das trisílabas. Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra e ademáis cómico amador e dramaturgo, conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas ata a súa vellez, coa intención de que o propietario, o Marques de Riestra, o xubile e lle dea o seu merecido retiro. Ademáis das historias do tranvía Leonardo, Tafall, conta algunhas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón; e dalgúns dos seus pasaxeiros mais famosos: Xosé Echegaray, o médico Guillermo, a cega Morcega, a mestra Trini Trapa e o “loro Ravachol”.

  • Caché con IVE : 650.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 650.0 €

  • Técnica