#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A MAGA FANI / MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA: URXENTE CHAMAMENTO ó TROULEO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: -Espectáculo para todos os públicos: FAMILIAR (de 5 a 155 anos)

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA

  • Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com

  • Páxina web do grupo : http://www.martinilusionista.com/

  • Sinopsis da compañia :

    A COMPAÑÍA: A MAGA FANI / MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA A MAGA FANI Representacións contra a violencia de xénero, a prol da lingua e cultura, o humor saudable, a bioloxía, a arqueoloxía etc., son o núcleo fundamental do seu traballo. Sempre disposta a loitar contra as desigualdades sociais, crebar clixés e rachar cos estereotipos. O coidado nas presentacións e nos guións dos seus actos fai que cree intres creativos, excéntricos, emotivos e orixinais. -DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” ESPECTÁCULO DE MAXIA-CIRCO-DANZA https://www.inventio.gal/ Licenciada en Bioloxía Estudos de Ballet Clásico Estudos de Danza-Jazz Estudos de Expresión Corporal Cursos: Expresión Vocal, Canto Vocal e Moderno MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA Un ilusionista da morea..do montón…, mais…do montón bo. Espalla un xeito diferente de transmitir sorpresas, abraios maxia, igualdade e lingua en teatros, auditorios, colexios, casas de cultura, asociacións, museos, festivais etc. Moi ao seu pesar, seus traballos guionizados no humor, na dinamización da nosa cultura, n@s nos@s escritor@s, na música, na ciencia etc., son contratados por todo tipo de institucións: públicas, privadas e mesmo algunha de dubidosa actividade. Premio Nacional de Maxia – Donostia (3º Premio) Premio Congreso Internacional Almussafes – València (3º Premio) Premio Asoc. Portuguesa de Ilusionismo – Algarve (3º Premio) Xira Xapón 2011 Xira Xapón 2012

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha creación máxica de humor, participación da concorrencia...e tamén, uns feixes de ilusións, distraccións e ficticios rebumbios. Un petisco de maxia dentro dun achado fortuíto coa realidade. Unha enleada de enredos para amosarnos que, os actos extraordinarios só poden acaecer na casa da cultura do teu concello,...ou tamén na túa casa, ou na rúa, ou no teu colexio, ou na tenda,... e dicir, case que en ningunha parte. Un espectáculo máis insospeitado que ollar un marco inmóbil nunha leira. Dispón da testa para escaravellala, ollando coas orellas moi abertas o fantasioso e irreverente cosmos de desenferruxar queixadas ou exercitar o músculo viaxeiro que vai dende o astrágalo até o óso frontal. En resumo, se desexas pasalo ben, lembra sempre: “alá onde vaias...sempre estarás ti!”.

  • Caché con IVE : 1600.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2000.0 €

  • Técnica