#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Trécola Producións: KINETIKO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 7 horas en pases de 30 minutos

  • Persoa representante : Ero Telmo Vázquez Cabrera

  • Datos de contacto : 657 704 929 - trecolaproducions@gmail.com

  • Páxina web do grupo : www.https://trecolaproducions.com/es/xirapaus/

  • Sinopsis da compañia :

    Amantes dos títeres e obxectos coma protagonistas da dramaturxia, apostamos pola creación de espectáculos dende a imaxinación. Somos xa segunda e terceira xeración de Trécola, unha compañía con máis de 40 anos de historia. Seguimos a tirar do fío dunha proposta estética baseada nunha continua labor de creación, experimentación e de produción de taller, con medios propios e unha clara filosofía de autoprodución.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un proxecto dinamizador, cultural, interxeracional e novidoso no que traballamos desde finais do ano 2020. Mediante a visita guiada destas nove pezas únicas, creadas artesanalmente no noso taller, tentamos achegar á poboación o mundo dos automatismos, desfrutando da escena e historia que Xirapaus, os seus creadores, narran ao carón de cada elemento da serie que conforma KINETIKO Unha combinación de xogo, arte e técnica. Personaxes musicais que a partires de mecanismos crean sons e ritmos. Historias e contos que nacen do movemento dunha manivela. Efectos especiais utilizados tradicionalmente na escena teatral ou no cine. Un teatriño de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra.

  • Caché con IVE : 990 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 990 €

  • Técnica