#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TALÍA TEATRO: LAMBETADAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil,familiar

  • Duración do espectaculo: 45 MINUTOS

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 630 877 153 - info@taliateatro.gal

  • Páxina web do grupo : https://taliateatro.gal/gl/espectaculos/lambetadas

  • Sinopsis da compañia :

    Talía teatro é una compañía de teatro que se dedica á creación e distribución de espectáculos teatrais e completa a súa actividade con servizos de produción para outras entidades así como a xestión de escolas de teatro. Dispón dunha gran oferta de espectáculos de diferentes formatos e temáticas e que atenden a distintos públicos. Espectáculos con selo propio, coidados artística e esteticamente e que definen un estilo e unha forma de facer teatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    lambetadas é un espectáculo para público familiar e infantil, recomendado para nenas e nenos de 6 a 11 anos de idade, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. O traballo de creación baséase nos textos encargados ex profeso a varios autores (Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos. Mediante o xogo escénico e o humor, os dous protagonistas han pasar por diversas situacións cómicas que os levarán, sempre desde unha linguaxe naif e inocente, a encarnar múltiples personaxes con diferentes oficios e disciplinas. Pero han acabar descubrindo que a identidade está na propia lingua, porque con ela se poden saborear as lambetadas máis doces e variadas. Sinopse Dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non lles queda máis remedio que coñecérense, tanto un ao outro como a eles mesmos. O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas. Porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai. Hai linguas e linguas. E non hai unha igual cá outra. Iso si: cada quen lambe coa súa. Non vai lamber con outra. Porque se tes unha lingua tes que empregala. E vale para lamber calquera cousa. E para falar de calquera cousa. E en calquera situación. Porque todas as linguas valen para o mesmo. Para entenderse. Para comunicarse. Para dicir o que cada quen queira dicir. E para lamber o que cada quen queira lamber. Para lambiscar e gozar, para darse gusto.

  • Caché con IVE : 1990.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1990.0 €

  • Técnica