#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TALÍA TEATRO: UN DEUS SALVAXE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 80 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 630 877 153 - info@taliateatro.gal

  • Páxina web do grupo : https://taliateatro.gal/gl/espectaculos/actuais

  • Sinopsis da compañia :

    Talía teatro é una compañía de teatro que se dedica á creación e distribución de espectáculos teatrais e completa a súa actividade con servizos de produción para outras entidades así como a xestión de escolas de teatro. Dispón dunha gran oferta de espectáculos de diferentes formatos e temáticas e que atenden a distintos públicos. Espectáculos con selo propio, coidados artística e esteticamente e que definen un estilo e unha forma de facer teatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O espectáculo UN DEUS SALVAXE, estrearase o 21 de febreiro de 2025 en Narón. SINOPSE: Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Beizos inchados e dous dentes rotos…. Os pais da “vítima” convidan á súa casa aos pais do “matón” para resolver o conflito. O que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais, adquire unha tinguidura máis violenta a medida que os pais van revelando as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais. As parellas empezarán a tirarse os trastos á cabeza sen reparo algún, e mesmo non terán remilgos en sacar os trapos sucios dos seus respectivos matrimonios. Aquí non hai nin bos nin malos. Nin tan sequera vencedores e vencidos. Só catro adultos que se encerellan nunha calorosa discusión que vai desvariando máis e máis a medida que esta se vai alongando innecesariamente. A situación descontrólase de tal modo que ninguén está a salvo de recibir a súa ración de ofensa persoal, e todos os intentos por acougar os ánimos e instaurar a paz acaban fracasando. Cada un ten a súa propia opinión sobre como canalizar o conflito que afecta aos seus fillos (desde como definir a agresión ata como castigar ao agresor, pasando por ver quen ten maior ou menor culpa), e de aí xorden outros temas nos que por suposto non logran poñerse de acordo. A obra saca todo o lixo que estes catro individuos acumularon ao longo da súa vida en relación á educación que recibiron, á posición social que ostentan, á súa profesión, ... e amósanos a súa cara oculta. Un deus salvaxe é puro guión, puro diálogo e pura interpretación.

  • Caché con IVE : 4490.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4490.0 €

  • Técnica