#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Empatía Teatro: Esas Cousas Marabillosas

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto (+13)

  • Duración do espectaculo: 65

  • Persoa representante : Empatía Teatro

  • Datos de contacto : 672 281 928 - info@empatiateatro.com

  • Páxina web do grupo : https://empatiateatro.com

  • Sinopsis da compañia :

    Elisardo de la Cruz nace na Coruña en 1975. Fai teatro amador na escola e na universidade. Fórmase na Escola Municipal de Arte Dramático de Madrid. Licénciase na carreira de Publicidade funda a axencia de publicidade Empatía Comunicación. Continúa a súa formación en Teatro do Andamio, con Álvaro Guevara e Tatiana Likhacheva. Forma parte da compañía Bartoleta Teatro dirixida por Helga Méndez. En 2020 remata os estudos de Formación de Actrices e Actores na Escola de Narón. En 2021 funda “Empatía Teatro”, unha compañía centrada no teatro social, “Esas cousas marabillosas” é a primeira produción da compañía.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “Esas cousas marabillosas” esgotou entradas durante tres anos consecutivos no Festival de Edimburgo e logo foi representada en Londres, Nova York, Bruxelas, San Xoán de Porto Rico, Maryland, Oregon, Canadá, ... Máis de 25.000 espectadores viron xa esta peza en España esgotando entradas tamén en Madrid e Barcelona. En Galicia leva 9 cheos absolutos nas últimas 10 localidades onde foi representada, a meirande parte delas na provincia de A Coruña. Esta peza do galardoado dramaturgo e director Duncan MacMillan, converteuse nun fenómeno teatral a nivel mundial e ata HBO fixo un documental sobre ela. A obra comeza desde que o público vai entrando na sala, pois é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño a algúns deles que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un anaco dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man. Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando... mamá está no hospital: "Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”. Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que paga a pena vivir. 1. Os xeados - 2. As guerras de auga - 3. Non ir para cama á túa hora e poder quedar a mirando a tele - 4. A cor azul - 5. As cousas a cadros - 6. Unha montaña rusa. Deixa a lista na almofada de mamá co título “Esas cousas marabillosas”... Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía. Con moitos personaxes e moitas situacións, que se desenvolven coa axuda e a complicidade necesarias do público, constrúese esta peza tenra e emocionante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos. É unha peza tenra, emocionante e divertida. É unha comedia sobre a depresión e o suicidio É unha obra que pode cambiarche a vida e para ben.

  • Caché con IVE : 1472.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1978.0 €

  • Técnica