#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A FARRA XOUS: BAMBOLINA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Tódolos públicos

  • Duración do espectaculo: 50 min.

  • Persoa representante : SPAIN PROJECT CONSULTING

  • Datos de contacto : 650 707 333 - japampillon@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/drive/folders/1-zRWEaCmVHuz_k6EUqmNn6EWgDpkGdmr?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Breve historial da compañía: 2011- Nace BARAFUNDA contando con amplia experiencia previa como firma afincada en GALICIA. Empresa adicada principalmente ao público infantil (animación, teatro e editorial) e que pouco a pouco foi crecendo en diferentes ámbitos: animacións de rúa, contos, decoración con globos, clown... promo-cionando a nosa cultura, valores e as nosas tradicións. Unha empresa con infinidade de posibilidades que sempre se adapta ao público para conseguir o mellor dos sorrisos tanto do público coma das entidades que confían no noso traballo. MANUEL «LOLO» CASTRO LIMA: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso, co seu personaxe «Lolo» leva percorridos moitos concellos por galicia con diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres da categoría de Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef,.. Clown, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, director e guionosta de espectáculos infantís, mago, risotetapeuta, formador de profesorado e tempo libre, zancudo, artista de esculturas con globos, mediador social, xerente e fundador da empresa Barafunda s.l…..Toda unha vida adicada a comunicación, as accións sociais e a risa. NOEMI BLANCO, actriz e cantante galega. Formada en interpretación na ESAD de Galicia, continuou os seus estudos de teatro na School of Music and Drama de Eskisehir (Turquía). Máis tarde tamén completaría os seus estudos de cine e interpretación con Bernard Hiller en Los Ángeles (California). Ten experiencia en cine e televisión rodando dende publicidade e curtametraxes a películas e series (A Estiba, Serramoura, El desorden que dejas...). Tamén se embarcou en proxectos teatráis, compañías de circo e de animación. Durante uns anos foi a presentadora do programa 'Festeiros' e ten experiencia como productora audiovisual e guionista. É vocalista en varios dúos e grupos musicáis (Dos de Copas, Late Çhai, Ollo Piollo...), tanto con música propia como con versións.

  • Sinopsis do espectaculo:

    BAMBOLINA Espectáculo de clown. Un espectáculo interactivo onde os nenos/as, e os que non son tanto, disfrutarán das divertidas aventuras e desventuras destepallasos , nunha constante sucesión de gags cómicos cheos de tenrura e absurda realidade. Os xogos, as torpezas e o inocente inxeni o de Le la e Lolo, farán que a risa e a sorpresa sexan un referente no desenvolvemento do show. Un espectáculo interactivo onde a participación do público é unha parte fundamental da función e os nenos/as, e os que non son tanto, disfrutarán das divertidas aventuras e desventuras destes pallasos, nunha constante sucesión de gags cómicos cheos de tenrura e absurda realidade. Os xogos, as torpezas e o inocente inxenio de Ali e Lolo, farán que a risa e a sorpresa sexan un referente no desenvolvemento do show.

  • Caché con IVE : 1795.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1995.0 €

  • Técnica