#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LA GUAJIRA: BIONIC

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: ADULTOS

  • Duración do espectaculo: 50 MIN

  • Persoa representante : ANA BEATRIZ PÉREZ ENRÍQUEZ

  • Datos de contacto : 650 681 556 - laguajira523@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://laguajiradanza.com/

  • Sinopsis da compañia :

    La Guajira é un proxecto artístico conformado por Armando Martén, Ana Beatriz Pérez e Ismael Berdei, tres artistas con ampla traxectoria profesional que converxen nun punto común, a expresión artística. La Guajira é onde danza e música entrelázanse rumbo á exploración, a creación e a aprendizaxe mutuos. Armando Martén e Ana Beatriz Pérez son dous artistas de orixe cubana. Ambos foron primeiros bailaríns de Danza contemporánea de Cuba e a vida situounos en Galicia na cidade da Coruña onde levan 23 anos dedicados á danza, base e centro nas súas vidas, tanto a nivel profesional como persoal. Desenvolven a súa carreira non só na escena, senón na docencia. Ambos poñen a pel na formación de alumnado de perfil profesional e amateur. Para eles a danza é un estado mental e corporal. Bailar para sentirse mellor, para establecer vínculos coas persoas, para mover corazóns. Durante estes anos en Galicia puideron traballar con varios artistas de teatro e danza e formaron parte de varios proxectos educativos na comunidade. Foron integrantes das compañías Druída Danza, Trespasando, Experimenta Danza e Cía Entremans, onde desenvolveron gran parte do seu traballo vinculado a Artestudio Xestión Cultural. Obtiveron varios premios de coreografía e interpretación: Terceiro premio no Certame Coreográfico de Madrid con Trespasando 2001 Primeiro premio no V Certame Coreográfico Burgos-NewYork como Inquedanza mais tarde Cía Entremans. 2006. Primeiro premio no IV Certame Coreográfico de Galicia 2006. Co ánimo de emprender unha nova etapa marcada pola experiencia e o desexo de ir cara a outras procuras, comezan un novo proxecto xunto ao músico docente Ismael Berdei quen foi o creador das bandas sonoras das últimas creacións Minguantes e Bionic. La Guajira é o punto de encontro entre estas dúas ramas artísticas, a música e a danza. O seu nome trae un aroma insular, un ambiente familiar, amable, un espazo que alberga verde na mirada. La Guajira é a oportunidade de empezar un camiño novo, co sedimento que proporciona a experiencia e á vez coa visión actualizada dos novos tempos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    BIONIC é unha peza de danza, un encontro poético entre disciplinas onde a luz, o son e o movemento comparten universos. Inspirada na simbiose entre o biolóxico e o artificial, reflexiona sobre como a tecnoloxía sedúcenos a mellorar as nosas vidas sen quebrantar a capacidade humana de sentir.O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse ante o inminente paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades.Nunha era onde a ciencia e a tecnoloxía poidan axudar a cubrir o deterioro físico ou mental, en defensa da perfección, como de afectado quedaría aquilo que nos identifica como humanos?

  • Caché con IVE : 2900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3500.0 €

  • Técnica