#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Malasombra: Os Fabulosos Cleaners

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 55 minutos

  • Persoa representante : Xoque Carbajal

  • Datos de contacto : 696 462 929 - xoquecarbajal@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://malasombra.gal

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía MALASOMBRA é unha empresa de produción e distribución de espectáculos profesionais de teatro en lingua galega dende o ano 2006. Nos últimos 10 anos posiciónase como unha das compañías con maior número de representacións en Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo para todas as idades, creado por Luis Beviá e Xoque Carbajal, con dirección de Marcos Orsi e Xoque Carbajal e interpretado por Xoque acompañado de Jouse García. SINOPSE: Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo depompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. O creador alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo de Malasombra Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón. Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo para todas as idades, creado por Luis Beviá e Xoque Carbajal, con dirección de Marcos Orsi e Xoque Carbajal e interpretado por Xoque acompañado de Jouse García.

  • Caché con IVE : 1815.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2299.0 €

  • Técnica