#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LABORATORIO ESCÉNICO: BLUES DE MEDIANOITE

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 30min

  • Persoa representante : LABORATORIO ESCÉNICO S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 622 798 617 - administracion@laboratorioescenicocoop.com

  • Páxina web do grupo : https://laboratorioescenicocoop.com/project/blues-de-medianoite/

  • Sinopsis da compañia :

    Compañía de danza e teatro que nace en 2019. Laboratorio Escénico S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado que traballa no eido das artes escénicas, concretamente na formación, investigación, creación e distribución de danza, teatro e música. Desenvolve o seu traballo en Laboratorio Escénico Coop (centro de artes escénicas situado en Montealto (A Coruña). Consta de 2 socias: Alba Fernández (creadora, bailarina e mestra de danza) e Carmen Cotelo (creadora, actriz e mestra de teatro). As súas creacións caracterízanse pola multidisciplinaridade, e polas temáticas sociais. Actualmente, teñen 3 espectáculos en xira: "As Mapoulas", "Blues de Medianoite" (para rúa e espazos non convencionais) e "Blues de Medianoite - Versión Estendida".

  • Sinopsis do espectaculo:

    "Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min". Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o MEU blues. Blues de Medianoite é un espectáculo de danza, teatro e música adaptable a rúa e espazos non convencionais.

  • Caché con IVE : 1827.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1827.0 €

  • Técnica