#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CONTRAPRODUCIÓNS, S.L.: APAGA O CANDIL

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 80

  • Persoa representante : CONTRAPRODUCIÓNS,, S.L.

  • Datos de contacto : 605 263 755 - belenpichel@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.contraproducions.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción. Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creación escénicas de Cándido Pazó no campo do teatro e a narración oral, aínda que dando cabida tamén a outras figuras da dirección escénica ou a escritura teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas. Na actualidade ten en exhibición espectáculos de signo variado, como Memorias dun neno labrego (versión teatral unipersoal, composta, dirixida e interpretada por Cándido Pazó a partir do libro de Xosé Neira Vilas), que con case 200 funcións a día de hoxe está entre as pezas máis representadas do teatro galego. De formato medio, como O Electo (de Ramón Madaula con dirección de Cándido Pazó. Ou de gran formato como Cigarreiras (baseada na Tribuna de Pardo Bazán, com adaptación e Dirección de Cándido Pazó), Premio María Casares 2022 á Mellor Escenografía, Premio María Casares 2022 á Mellor Dirección. Premio María Casares 2022 ao Mellor Espectáculo, Premio do Público no FIOT, Premio José Estruch á Mellor Interpreteción de Reparto, Premio Cidade de Palencia á Mellor Interpretación Protagonista. No seu historial é de salientar a distribución de espectáculos como A piragua (escrito e dirixido para o CDG por Cándido Pazó), Premio “María Casares” 2007 ao Mellor Texto Orixinal, Premio “María Casares” 2007 á Mellor Iluminación, Premio “María Casares” 2007 á Mellor Música Orixinal, Premio “María Casares” 2007 á Mellor Actriz Protagonista, Decamerón(versión teatral unipersoal, composta, dirixida e interpretada por Cándido Pazó a partir do libro de Giovanni Boccaccio), As do peixe (escrito por Cándido Pazó e dirixido por Cristina Domínguez), Premio do Público do Festival Internacional de Ribadavia 2013, Premio “María Casares” 2014 ao Mellor Texto Orixinal, Premio “María Casares” 2014 á Mellor Dirección, Premio “María Casares” 2014 á Mellor Actriz Protagonista, Ra Ra Ra (espectáculo infantil escrito e dirixido por Cándido Pazo), Nacidas libres (escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez), Fillos do sol (escrita e dirixida por Cándido Pazó), O tolleito de Inishmaan (de MartinMcDonagh, dirixido por Cándido Pazó), Premio María Casares 2017 ao Mellor Actor Protagonista, Premio María Casares 2017 ao Mellor Actor Secundario, Premio María Casares 2017 á Mellor Actriz Secundaria, Premio María Casares 2017 á Mellor Iluminación, Premio María Casares 2017 á Mellor Adaptación, Commedia (esctito e dirixido por Cándido Pazó), Premio María Casares 2018 á Mellor Iluminación, Premio María Casares 2018 ao Mellor Vestiario, Premio María Casares 2018 ao Mellor Actor Secundario, Premio María Casares 2018 ao Mellor Espectáculo, A Compañeira de piso (de Jean Silverman, dirixida por Belén Pichel e Cándido Pazó), Premio ao Mellor Espectáculo no Certame Nacional dos Teatros Luchana.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Escuro. Camiño que vai cara á nada. Sen rumbo, atoutiñando nas tebras, entra en escena un home miúdo e melancólico. É EL, O Xestal. Poderíase pensar que é máis ben a súa idea, ou mesmo a súa alma afastándose do seu corpo, pero, como personaxe teatral, é corpórea e fisicamente EL. Sáelle ao paso un mozo novo e garrido, rechamantemente vestido cun traxe que lembra o do repoludo gaiteiro rosaliano. É a MORTE, que leva un candil aceso na man e que que, iluminándolle o camiño, convídao a seguilo no seu derradeiro treito. Faise a luz. A partir dese momento prodúcese unha esgrima dialéctica entre os dous personaxes. En principio EL négase a recoñecer a MORTE en tan atípica fasquía. Cando por fin admite tan funesta identidade, resístese a seguila e quere enganala, utilizando a mesma estratexia que Sherezade n’As mil e unha noites. Pero a MORTE,

  • Caché con IVE : 2904.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3146.0 €

  • Técnica