
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Ana Abad de Larriva: No ventre da noite
Categoría: +TEATRO
Dirigido a : Adulto
Duración del espectaculo: 60 minutos
Persona representante :
Datos de contacto : 687 208 705 - a.delarriva@gmail.com
Página web del grupo : https://anaabaddelarriva.com/musica/no-ventre-da-noite/
Sinopsis de la compañia :
Ana Abad de Larriva é unha artista multidisciplinar que se comunica como creadora escénica dende a escritura, a interpretación, a música e o canto, a danza e a ilustración. É titulada superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia, na especialidade de Interpretación Xestual; licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo, cunha tese multidisciplinar en Comunicación e Artes Escénicas. Ten tamén formación en canto, en piano e en danza (oriental, butoh e contemporánea). As súas creacións son concibidas como poemas escénicos multidisciplinares, nos que están moi presentes a música, as artes do movemento e as artes visuais, alén da palabra; e foron escollidas e estreadas, interpretadas por ela, como actriz e cantautora, en certames e convocatorias como o Metro Cadrado do FIOT de Carballo ('Palabra', 2020, e 'Na sombra unha árbore', 2021); o Festival de Pezas dun Teatro do Porvir, da AELG ('Mulleres que bailan na néboa', 2020; 'Efecto flash', 2021; 'Primavera', 2022); o 67 Graos Ourense Fervescénica do FITO ('Lama', 2021; 'Primavera', 2022, e 'Mulleres que bailan na néboa', 2023); o Festival Escenas do Cambio ('Sobre o baleiro', 2022); ou o Programa Violencia Zero, da Deputación de Pontevedra ('Muller auga', 2023; con María Move), entre outros. Como dramaturga obtivo tamén premios e recoñecementos como o Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais, do IES Ribeira do Louro, o Concello do Porriño e Editorial Galaxia, por 'A sombra das árbores', en 2019; o Premio de Microteatro da Memoria, da Deputación de Pontevedra e a ESAD de Galicia, por 'Un biolo na noite', en 2021; o Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, por 'A nunca vista', e a bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego por 'Bailar no ceo', en 2022; e foi finalista nos Premios María Casares 2024 pola súa tradución e versión orixinal de 'Antonio e Cleopatra' para o espectáculo do CDG 'Shakespeare en Roma'. Os seus textos foron publicados en editoriais como Galaxia, Invasoras, Positivas ou Á Feira Edicións. Alén diso, Ana desenvolve un intenso labor nos campos da comunicación, mediación, investigación e docencia cultural, que tamén nutre a súa creación artística.
Sinopsis del espectaculo:
'No ventre da noite' fai un percorrido polo imaxinario persoal e colectivo da noite como lugar de pasaxe e de enfrontamento cos propios medos e coas ameazas externas, a través da música, do teatro, da narración oral e das artes do movemento e visuais. As cancións de autoría propia conectan con historias reais para animarnos a atravesar o bosque e chegar ao outro lado, porque do ventre da noite, aínda que agromen as sombras, sempre nace a esperanza dun novo amencer; nun traballo de feitura artesá que propón unha conexión próxima e directa co público e que inclúe un pequeno coloquio final para que as persoas asistentes poidan compartir tamén as súas sensacións e historias.
Caché con IVA : 400.0 €
Caché + producción técnica con IVA : 400.0 €