
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Pakolas e Laura Romero: Ecoralia canta, conta e debuxa
Categoría: +TEATRO
Dirigido a : Público infantil e familiar
Duración del espectaculo: 55 minutos
Persona representante : Play Plan Cultural SLU
Datos de contacto : 986 903 509 - cultura@playplan.es
Página web del grupo : https://pakolas.com/wp-content/uploads/2025/01/pakolas_ecoralia_duo_2025-1.pdf
Sinopsis de la compañia :
Paco Cerdeira (Músico, Compositor e Produtor) leva dedicándose ao público infantil dende xa fai mais de 20 anos, comezando os seus pasos como membro de Mamá Cabra (grupo de música didáctica infantil en galego), do que participou nos seus traballos durante mais de 10 anos continuadamente, sendo eixo principal dos espectáculos desenvolvidos en coles, teatros, auditorios, librerías, bibliotecas, feiras do libro, etc. No ano 2014, dada a súa longa traxectoria, decide formar a súa propia banda de música infantil, e nace así A Gramola Gominola, editando así o seu primeiro traballo en Libro-Cd como Autor en Marzo de 2015, “A Gramola Gominola”(Editorial Galaxia- Sonárbore). Crea cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, sendo unha proposta didáctica para os máis cativos da casa. No ano 2017 edítase o segundo libro-disco “Cancións para desafinar” seguindo a mesma liña, e no 2019 sae á luz o terceiro traballo da banda, “Bravas. O rexurdir da luz”, todos coa Ed. Galaxia. En Decembro de 2024 estrean con Embora “O Nadal coa Avoa Fina”. Ademais da formidable aceptación do público, acadan o Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. A data actual seguen xirando por Galicia O seu proxecto máis persoal, Pakolas, nace a finais de 2015, no que segue a compoñer para a cativada con letras e composicións propias. O seu primeiro traballo en solitario, “Pakolas” (2017), é un libro-disco publicado pola Ed. Galaxia, que conta co respaldo do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia. En agosto de 2020 sae editado o seu segundo traballo en solitario, “Ramona Órbita, a dona do tempo” (Ed. Galaxia, 4ª Ed Set 2023). Axiña agota a súa primeira edición, tan só cinco meses despois da súa estrea. En Xaneiro de 2021 sae do prelo a segunda edición ata a cuarta edición en setembro de 2022, con mais de 2.000 exemplares vendidos. Neste novo libro conta e canta a ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas , e ademais ten unha máquina do tempo, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. En 2023 sae editado o seu terceiro traballo en solitario, “A Ramona Pequena vai á lúa” (Ed. Galaxia, 2ª Ed Set 2023), unha nova entrega das historias da súa labrega inventora favorita, e desta volta a máquina do tempo lévanos á súa infancia. Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniños. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne, sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, "Da terra á lúa". Este novo libro agota a primeira tirada en tan so cinco meses.Laura Romero é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. O seu traballo abrangue a ilustración artística e comercial combinada co deseño gráfico. O seu primeiro traballo editorial para nenos e nenas é o conxunto de ilustracións que dan cor ó libro-CD de Pakolas, e tamén ilustra a “Ramona Órbita”, o segundo libro de Pakolas, máis A Ramona pequena e Ecoralia. No 2017, paralelamente ó traballo do proxecto Pakolas, organizou e impartiu obradoiros de libro ilustrado en colexios para alumnado de Educación Infantil e Primaria. Preside a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) dende 2021.
Sinopsis del espectaculo:
Pakolas e Laura preséntannos o seu último libroQr “Ecoralia, a lambona ecolóxica” (CRAEGA Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, 2025) unha entrega das historias de Ecoralia, que nos ensinará a través das súas cancións a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal Nas entrañas da carballeira máis extensa de toda Galicia, onde a vexetación é máis mesta e verde, vivía Ecoralia. Sempre vestía da cor do musgo e levaba unha trenza longa e roxa recollida cun estalote. Ecoralia era unha meiga moi nova e boa coñecedora de conxuros ancestrais aprendidos das súas avoas. Pero ela non era coma as demais. Ademais de Ecoralia, moitas personaxes poderedes coñecer neste novo traballo musical, como o seu compañeiro Mistín, o lucecú, que vivía no medio das flores amarelas de xestas empregadas para os os seus conxuros. E, se Ecoralia era diferente ás demais meigas, Mistín era diferente aos demais lucecús, xa que tiña un semáforo no traseiro! Ramón o teixugo dispoñía do ultramarinos da vila. Sempre había alimentos coa etiqueta ECO de CRAEGA: froitas e legumes, leite, carne, ovos, mel e mesmo alimentos do mar. Os alimentos ecolóxicos sempre sentaban ben!. Tamén as tías Rosa e Mónica, dúas irmás xemelgas que coidaban das súas hortas coma ninguén. E por último Don Arsenio, que recollía unhas enormes mazás todo o ano! Como podía ser? Todas estas personaxes e historias poderás coñecer neste novo espectáculo rockeiro, e desvelar este misterio. Un espectáculo onde a interacción coas nenas/os, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música de Pakolas, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.
Caché con IVA : 1162.0 €
Caché + producción técnica con IVA : 1662.0 €