#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

ET SUSEIA DANZA: O QUE NON SE VE

  • Categoría: +DANZA

  • Dirigido a : XERAL

  • Duración del espectaculo: 60

  • Persona representante : CHARLATANA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Página web del grupo : chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://charlatana.org/docs/catalogo/danza.pdf

  • Sinopsis de la compañia :

    Adoptamos o nome da nosa compañía dun saúdo de ánimo entre peregrinos/as, que traducido significa “Imos alá” ou “Máis alá”. Xusto por iso, creemos que o noso nome é un fiel reflexo do que pretendemos facer, ir máis alá no mundo da danza e mesturando tradición con modernidade. Expresamos a necesidade de unir dous estilos de danza, a tradicional galega e a contemporánea. Tomamos prestada unhas verbas de Castelao, por pensar que é o xeito máis apropiado de entender a nosa compañía: “Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se albisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galiza, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a Historia. A tradición é a eternidade” Fundada a finais do 2021 despois da unión de sinerxías entre o baile tradicional e a danza contemporánea, máis concretamente no comezo de colaboración entre o OCT Ultreia e o Ballet de Galicia. En pouco tempo buscamos crear o noso espazo dentro da Danza de Galicia. Mencións e galardóns: • Espectáculo de danza mellor valorado polo público na programación de Compostela Cultura (2023) • 1º Premio acadado no Certame Coreográfico organizado pola ASPG. (2021) • 3º Premio da categoría Fusión, dentro do concurso Vigo Porté. (2021) • Finalistas do concurso Interritmos- Son do Rural, organizado pola Asociación DELOA (2021)

  • Sinopsis del espectaculo:

    O que non se ve representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Pon no punto de mira, diferentes micro machismos que conviven no noso día a día. Unha mestura de danza tradicional e contemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país. Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. Aportamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudamos as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosamos o poder da muller na tradición oral. Coreografías creadas dende contemporaneidade da danza, e mesturadas co son da música de tradición oral, onde se identifica a enerxía das mulleres do rural galego.

  • Caché con IVA : 2800.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 4400.0 €

  • Técnica