#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PÉREZ & FERNÁNDEZ: PICNIC

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : INFANTIL. +4 ANOS

  • Duración del espectaculo: 45min

  • Persona representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Picnic/

  • Sinopsis de la compañia :

    Lewis Hyde, en “The Gift: Creativity and the Artist in the Modern World” suxire que os humanos sempre entran en acción e toman decisións partindo de dous puntos posibles: o instinto de supervivencia e o impulso de regalar. Esta compañía nace do impulso instintivo de supervivencia, da necesidade de crear, de regalar unha viaxe aos demais máis alá da súa experiencia cotiá. Victoria Pérez e Manu Fernández crean en 2014 la Cía. Floristería para producir a peza escénica “Eu encargábame dos nenos e o meu marido da parte dos gastos” o seu primeiro espectáculo para público adulto sobre a desigualdade de xénero. “O poder de Amabel” estreada en xaneiro de 2016 é o seu primeiro espectáculo para público familiar co que se funda Pérez&Fernández. A súa segunda peza teatral foi a aclamada “Aguratrat” baseada nunha das publicacións dw Roald Dhal. En 2020 estrean Os nenos da varíola, un espectáculo baseado na novela homónima de María Solar gañador do Premio María Casares 2021 ao mellor espectáculo para público xuvenil e, en 2023, Nanai da China, unha peza de teatro e obxectos para público familiar gañadora do Premio María Casares 2024 á mellor propostas de monicreques.

  • Sinopsis del espectaculo:

    PICNIC é un espectáculo da compañía Pérez&Fernández no que se empregan como linguas o galego e o inglés. PICNIC é unha excursión en familia, dous irmáns na procura dun lugar especial no que compartir unha comida campestre coa xente que queira gozar dunha merenda de contos, anécdotas, música, baile e monicreques. A quen non lle gusta un pique-nique?

  • Caché con IVA : 950.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1600.0 €

  • Técnica