#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PAPORRUBIO: E ENTÓN, UN XARDÍN

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 3 anos

  • Duración del espectaculo: 50 min.

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/E%20ent%C3%B3n,%20un%20xard%C3%ADn/

  • Sinopsis de la compañia :

    O Paporrubio nace en Lalín no ano 2013 da man de Luchi Iglesias. A súa personalidade enredante e argalleira fixo que dende moi novo se interesase polas formas de diversión da xente, o que unido ao seu traballo de actor, titiriteiro e escenógrafo deu como resultado O Paporrubio. Este é un proxecto que de inicio xira ao redor dos xogos populares, sempre á procura da súa revitalización a través da inclusión de elementos teatrais, musicais e plásticos, pero que non esquece o que de lúdico e comunitario teñen de por si os xogos tradicionais. Paporrubio nace en base a dúas liñas de traballo moi definidas e dependentes unha da outra: A artesanal e a escécnica. Dedicadas á construción e recuperación de brinquedos da nosa tradición, á investigación e produción de xogos orixinais que actualicen e manteñan o imaxinario da nosa cultura popular. Dende ese espazo crea a peza de teatro de monicreques Varietés do Animalario e xa neste 2024 estrea.E ENTÓN, UN XARDÍN,

  • Sinopsis del espectaculo:

    E ENTÓN, UN XARDÍN, é esta unha comedia animal, animada e animalística de cor verde. Un espectáculo contemporáneo e familiar da compañía Paporrubio co actor Luchi Iglesias, música en vivo de Carlos Quintá e texto orixinal e dirección de María Peinado. Unha peza asentada no teatro de marionetas, na musicalidade e na poética da imaxe contrastada coa veracidade estética do collage.Neste espectáculo o xardín convértese nun lugar de celebración e reivindicación. Os vexetais e animais son os protagonistas dunha historia estrafalaria na que a natureza esperta e reivinica os seus dereitos. Unha comedia disparatada ao servizo da imaxinación para espertar valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto: a necesidade dun latir común co mundo natural.

  • Caché con IVA : 1590.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2455.0 €

  • Técnica