#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

LIMIAR TEATRO: CANTO CONTO!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : + 5 anos

  • Duración del espectaculo: 45 min

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 678 460 559 - cmcarbonell@cremilo.es

  • Página web del grupo : https://www.limiarteatro.com/project/2389/

  • Sinopsis de la compañia :

    Limiar teatro somos unha compañía galega creada en 2009 con 11 espectáculos producidos e máis de 400 representacións en España, Francia, Arxentina, Bolivia, Portugal, Uruguai e Brasil. Limiar é o límite, a fronteira e por iso a compañía movémonos nas fronteiras artísticas, xeográficas e persoais. Pescudamos no limiar das artes integrando diferentes disciplinas como teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas. Quebramos fronteiras xeográficas con coproducións e xiras fóra de Galicia que nos levaron a estrear 6 das 11 producións fora do noso territorio e a integración nos equipos de profesionais de España, Francia, Rusia, Brasil e Portugal. Afondamos na relación entre as persoas creado proxectos comunitarios especiais creados en espazos singulares en colaboración con Teatro del Hereje nos que interpretes profesionais comparten escenario con agrupacións locais poñendo en valor o patrimonio arquitectónico e inmaterial das localidades.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Canto conto! mérgullanos nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade. Espectáculo especialmente deseñado para o público mais novo! Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto. Desfruta aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o Rock and Roll ata o Rap, pasando pola Salsa ou o Funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis!

  • Caché con IVA : 1200.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1500.0 €

  • Técnica