#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

OS NÁUFRAGOS TEATRO: HUGO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 4 anos

  • Duración del espectaculo: 45 minutos

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Hugo/

  • Sinopsis de la compañia :

    Os náufragos teatro é unha compañía de teatro galega creada polo actor e dramaturgo Gustavo del Río. A súa produción teatral vertébrase arredor de dous grandes eixos fundamentais, a achega ao público de temáticas sociais e a procura de novas linguaxes narrativas. A diversidade é unha das preocupacións clave desta compañía que aposta por montaxes para o público adulto e para o público familiar. Os náufragos teatro foi galardoado co premio María Casares ao mellor espectáculo infantil por Hugo, unha peza sobre a empatía e o valor da diferenza que fala do trastorno do espectro autista (TEA) e que está en plena xira por Galicia e o resto do Estado. A compañía foi ademais finalistas nos Premios Florencio 2022, os galardóns que outorga a Asociación de Críticos Teatrais de Uruguai, na categoría de mellor peza estranxeira por Karelu, unha peza que aborda o maltrato infantil. En xaneiro de 2022 a peza estivo programada no Espacio Teatro de Montevideo co apoio dos Fondo Xacobeo 21-22. Os náufragos teatro é unha das compañías con maior proxección nacional e internacional.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA. A máis recente creación da compañía Os náufragos teatro é Hugo, unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia. Unha peza chea de sensibilidade e empatía que fala da da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes. A peza está dirixida polo dramaturgo Gustavo del Río e o texto foi creado co asesoramento e colaboración de ASPERGA, a asociación galega de síndrome de Asperger. Espectáculo seleccionado en FETÉN 2022 Espectáculo seleccionado en Galicia Escena PRO 2022 Premio María Casares 2022 ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar. Espectáculo recomendado pola rede de teatros vascos SAREA

  • Caché con IVA : 2810.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3550.0 €

  • Técnica