
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
PETER PUNK PALLASO E BRAIS DAS HORTAS: CONCERTO PUNKINFANTIL
Categoría: +TEATRO
Dirigido a : XERAL
Duración del espectaculo: 60
Persona representante : CHARLATANA
Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org
Página web del grupo : https://charlatana.org/peter-punk-concerto-punk-infantil/
Sinopsis de la compañia :
Brais das Hortas é músico, clown e narrador e leva xa 25 anos nos escenarios. Toca en proxectos coma Blues do País, Sacha na Horta ou o Concerto Punklnfantil (canda Peter Punk Pallaso). Formou parte da banda de Mamá Cabra, de Sons Miúdos (Paco Nogueiras, Magín Blanco, Uxía Senlle, Xoán Curiel, Pablo Díaz...), da Banda Fura Fura (Sés, Bocixa de Zenzar, lco do Sonoro Maxín, Leo i Arremecághona!...) e colaborou con Ataque Escampe, Sofía Espiñeira... e compón bandas sonoras. Como clown, traballa con Peter Punk Pallaso en dous espectáculos (Concerto Punklnfantil e Peter Punk e o Neno lmperdible) ademais de facer espectáculos en solitario. Como narrador forma parte da Tropa de Trapo, con Marta Ortiz, con quen fixo numerosas xiras e campañas escolares (Xira da Fundación Abanca, 6 xiras co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Campaña lmpórtanos de Vigo...). Peter Punk é un dos pallasos máis destacados e programados de Galicia. Conta con máis de 1000 funcións en varios países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha gran acollida entre cativas e adultas. A compañía PETER PUNK PALLASO nace en 2003, e ao longo da súa carreira fo perfilando o seu carácterístico humor fresco, irreverente e orixinal. Visitou diversos países en tres continentes: Portugal, Italia, Argentina, Brasil, Cuba, Polonia, Palestina. E no Estado: Euskadi, Catalunya, Madrid, Ibiza, Salamanca, Chiclana de la Frontera, Islas Canarias, Zamora, Segovia, Badajoz, Navarra, Asturias, Cantabria e outros lugares.
Sinopsis del espectaculo:
Punk para nenas? Por que non?! E logo? Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis... e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade. O punk é protestar. Quen non chora, non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución! Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado "Concerto Punklnfantil". Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.
Caché con IVA : 1700.0 €
Caché + producción técnica con IVA : 1700.0 €