#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

CATRO CORES: A TROMPA NON SÓ É COUSA DE ELEFANTES

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Primeira infancia ( 1 a 5 anos)

  • Duración del espectaculo: 30 minutos

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/A%20trompa%20non%20s%C3%B3%20%C3%A9%20cousa%20de%20elefantes/

  • Sinopsis de la compañia :

    Catro Cores é un grupo de catro mulleres que na actualidade forman o único cuarteto de trompas de Galicia. Na súa formación tivo unha grande importancia a Xove Orquestra da Sinfónica de Galicia e a Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago de Compostela, así como a colaboración con orquestas e bandas profesionais dentro e fóra de España. Despois de coincidir en diferentes agrupacións, no ano 2016 xúntanse e botan a andar este proxecto para achegar a música e o noso instrumento a todo tipo de público. O seu obxectivo é gozar da sonoridade deste instrumento e dar a coñecer distintos estilos musicais adaptados ou compostos para este instrumento. A súa andaina musical levounas por auditorios de gran parte de Galicia como o de Cedeira, O Rosal, a Fundación Barrié (A Coruña), auditorio de Rianxo, Chantada, Cedeira e Foz; e participan en ciclos musicais como o de Híbridas en Santa Clara, en Pontevedra. Tamén os nosos instrumentos soaron en centros sociais como o de Lavacolla, Romaño e Vite e no Conservatorio de A Coruña, de Carballo e de Verín, ademáis de participar nos preconcertos da orquesta Gaos no Auditorio de Ferrol e Teatro Rosalía de A Coruña.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Catro músicas preséntannos un espectáculo musical e teatral para a primeira infancia, onde aprender e descubrir pouco a pouco a forma e a sonoridade dun instrumento musical: a trompa. As partes deste instrumento encóntranse agochadas polo escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el. Finalmente construirán a trompa e con ela xogarán coas cores e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula o sentido da vista e do ouvido , onde a trompa será a canle para crear diferentes ambientes e movementos inspirados en animais como un paxaro, un felino, o mundo oceánico e como non… un elefante CatroCores somos: Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola Dirección escénica: Laura Sarasola (Caramuxo Teatro) Diseño de luces: Dani Pais Diseño de vestiario: Laura Sarasola Confección do vestiario: Soledad Gómez

  • Caché con IVA : 2251.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2480.0 €

  • Técnica