
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Pakolas: Rockeando coa Ramona pequena
Categoría: +TEATRO
Dirigido a : Infantil (3-10 anos) e familiar
Duración del espectaculo: 55 minutos
Persona representante : Play Plan Cultural SLU
Datos de contacto : 986 903 509 - cultura@playplan.es
Página web del grupo : https://pakolas.com/wp-content/uploads/2023/02/rockeandoramonapequena_2023.pdf
Sinopsis de la compañia :
Paco Cerdeira (Músico, Compositor e Produtor) leva dedicándose ao público infantil dende xa fai mais de 20 anos, comezando os seus pasos como membro de Mamá Cabra (grupo de música didáctica infantil en galego), do que participou nos seus traballos durante mais de 10 anos continuadamente, sendo eixo principal dos espectáculos desenvolvidos en coles, teatros, auditorios, librerías, bibliotecas, feiras do libro, etc. No ano 2014, dada a súa longa traxectoria, decide formar a súa propia banda de música infantil, e nace así A Gramola Gominola, editando así o seu primeiro traballo en Libro-Cd como Autor en Marzo de 2015, “A Gramola Gominola”(Editorial Galaxia- Sonárbore). Crea cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, sendo unha proposta didáctica para os máis cativos da casa. No ano 2017 edítase o segundo libro-disco “Cancións para desafinar” seguindo a mesma liña, e no 2019 sae á luz o terceiro traballo da banda, “Bravas. O rexurdir da luz”, todos coa Ed. Galaxia. En Decembro de 2024 estrean con Embora “O Nadal coa Avoa Fina”. Ademais da formidable aceptación do público, acadan o Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. A data actual seguen xirando por Galicia O seu proxecto máis persoal, Pakolas, nace a finais de 2015, no que segue a compoñer para a cativada con letras e composicións propias. O seu primeiro traballo en solitario, “Pakolas” (2017), é un libro-disco publicado pola Ed. Galaxia, que conta co respaldo do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia. En agosto de 2020 sae editado o seu segundo traballo en solitario, “Ramona Órbita, a dona do tempo” (Ed. Galaxia, 4ª Ed Set 2023). Axiña agota a súa primeira edición, tan só cinco meses despois da súa estrea. En Xaneiro de 2021 sae do prelo a segunda edición ata a cuarta edición en setembro de 2022, con mais de 2.000 exemplares vendidos. Neste novo libro conta e canta a ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas , e ademais ten unha máquina do tempo, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. En 2023 sae editado o seu terceiro traballo en solitario, “A Ramona Pequena vai á lúa” (Ed. Galaxia, 2ª Ed Set 2023), unha nova entrega das historias da súa labrega inventora favorita, e desta volta a máquina do tempo lévanos á súa infancia. Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniños. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne, sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, "Da terra á lúa". Este novo libro agota a primeira tirada en tan so cinco meses. En Decembro de 2024 sae ao público o cuarto traballo en solitario de Pakolas, “Ecoralia, a lambona ecolóxica” (promovido pola CRAEGA), traballo musical que nos ensinará a través das súas cancións a importancia de consumir alimentos ecolóxicos. Xira por toda Galicia cos espectáculos de Pakolas dende 2015 (con diversos formatos), con mais de 100 funcións anuais en colexios, bibliotecas, auditorios e teatros, servizos de normalización lingüística, festivais, etc , cunha formidable acollida de público. Finalista en varias edicións dos Premios Martín Códax da Música, en 2023 tamén resulta gañador do XIV Premio Rosalía de Castro
Sinopsis del espectaculo:
“Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público. En “Rockeando coa Ramona Pequena” Pakolas preséntanos o seu libroqr “A Ramona pequena vai á Lúa” (Galaxia 2ª Ed Set 2023). Con este traballo seguen as historias da Ramona Órbita, sendo unha parte II do seu anterior disco “Ramona Órbita, a dona do tempo”. Contaremos e cantaremos a historia da Ramona pequena. A máquina do tempo leva a Ramona á súa infancia. Vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe. Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniños. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne, "A volta ao mundo en 80 días", "20 mil leguas de viaxe submarino", "Viaxe ao centro da terra" e sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, "Da terra á lúa", que lía unha e outra e outra vez. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta: que tipo de leiras habería nela? Poderíase cultivar na súa superficie? Habería auga? Viviría alguén aí? Saberían, ou polo menos entenderían o galego? Sería mais grande que o Sol? Moitas personaxes poderedes coñecer neste novo espectáculo, como a profe Lupe, que sempre escoitaba atenta as dúbidas da pequena, ou á súa amiga furona Nora, coa que consigue viaxar ata a Lúa! Con estas e outras personaxes chegaremos á fin desta viaxe, que nos ensina que a imaxinación non ten límites, a nosa cabeza é un taller de ideas onde os soños poden tornarse realidade. A historia dunha nena interesada polas ciencias, unha astronauta que acada o seu soño. De novo Pakolas volve a dar importancia á figura feminina que rompe cos estereotipos de xénero. Un espectáculo para compartir coas mais pequenas e coa familia.
Caché con IVA : 726.0 €
Caché + producción técnica con IVA : 1226.0 €