#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Fantoches baj: Pedro e o lobo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 3 anos

  • Duración del espectaculo: 50 min.

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Pedro%20e%20o%20lobo/

  • Sinopsis de la compañia :

    Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta máis tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés en As Pombas de Carboeiro. Na actualidade son moitos xa os espectáculos no haber da compañía. Co seu espectáculo Os Golfiños e o xigante obtivo o premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Fantoches Baj adapta o clásico conto de ‘Pedro e o Lobo’ nunha proposta representada con marionetas manipuladas coa técnica xaponesa do bunraku e acompañadas coa música do clásico de Prokofiev. A peza sitúa a historia nun mundo rural illado da modernidade e contextualiza o conto nunha estación de tren pechada, nun espazo que quixo ser moderno, pero que finalmente foi abandonado e que a natureza comeza a recuperar. A historia cóntana tres antigos operarios do ferrocarril, apaixonados poos trens, que deixaron o seu traballo de desmontadores de estacións para converterse en donos dun parque infantil. Unha proposta para público familiar sobre superación, amor, vinganza, medo, orgullo... que desde a revisión defende os lobos e o valor da natureza. Pedro e o lobo é un musical de teatro de monicreques para tres manipuladores.

  • Caché con IVA : 1600.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2400.0 €

  • Técnica